Catalunya en Comú
Catalunya en Comú | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Xavier Domènech |
Historia | |
Fundación | 19 de decembro de 2016 (7 anos) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Ecoloxismo Feminismo Altermundismo |
Representación | |
Parlamento de Cataluña | 5 / 135 |
Outros datos | |
Sede | Barcelona |
Na rede | |
catalunyaencomu.cat | |
Catalunya en Comú é un partido político de esquerda, cuxo ámbito de actuación é Cataluña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa fundación estaba formado por Barcelona en Comú, Equo, EUiA, ICV e Podem, aínda que Podem se desvinculou posteriormente do novo partido. Conta co apoio da Plataforma Guanyem, Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Procés Constituent e Unidos Podemos. O manifesto fundacional presentouse o 19 de decembro de 2016 e o primeiro acto público celebrouse en Barcelona o 29 de xaneiro de 2017.
Na presentación do movemento, Ada Colau afirmou que o novo proxecto apoia un referendo sobre a soberanía Cataluña, aínda que dentro do partido atópanse formacións tanto federalistas coma independentistas; "sempre o defendemos e traballaremos para o referendo; a soberanía radica na poboación e así se debe resolver, coas urnas” engadindo que ao mesmo nivel a nova proposta defende a urxencia política para revertir os recortes contra o sector público e acadar unha "fiscalidade xusta" e "feminista”.[1]
Nas eleccións catalás de 2017 presentouse en coalición con Podem baixo o nome de Catalunya en Comú-Podem.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Colau insta a los comunes a “no mirarse el ombligo” y superar las siglas". La Vanguardia.
- ↑ "DOGC núm. 7498 (19/11/2017)" (PDF). 19 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficialArquivado 12 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en catalán)
- Catalunya En Comu-Podem en Twitter (en catalán)