Imperio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Un imperio (do latín: imperium), é un estado con dominio sobre extensos territorios gobernado por un emperador etnicamente e/ou culturalmente diversos sendo alén dun poder hexemónico en certa área de influencia. Tamén se denomina Imperio ao conxunto dos territorios que rexe un estado imperial. Por extensión, "Imperio" pode referirse tamén á etapa histórica onde un país tomou esta política ou ben a potencia que exerce unha forte influencia política, económica e cultural.
Definición
[editar | editar a fonte]Actualmente enténdese como Imperio non só un Estado que abarca varias nacións étnicas, senón a todo Estado que inflúe sobre a soberanía doutros Estados, non só aproveitándose deles, no sentido do colonialismo español, inglés, francés, holandés etc, senón formándoos segundo a súa propia imaxe. Así, poderían interpretarse aos Estados Unidos e a extinta Unión Soviética como Imperios, a pesar de non conquistaren territorios.
No século XX o termo do imperialismo adquiriu a connotación pexorativa que actualmente ten, en parte grazas a Lenin, quen no seu libro O imperialismo: a fase superior do capitalismo, dicía:
Nesta obra temos probado que a guerra de 1914-1918 ten sido, dos dous lados belixerantes, unha guerra imperialista (isto é, unha guerra de conquista, de bandidos e de roubos), unha guerra pola repartición do mundo, pola partilla e a nova repartición das colonias, das "esferas de influencia" do capital financeiro etc.
A partir do ano 1949, cando o que fora o imperio chinés se converteu na actual República Popular da China debido á Revolución Cultural de Mao Tse Tung, iníciase unha nova época onde a palabra Imperio é substituída por palabras politicamente mais correctas como "seguranza nacional" ou "posicionamento de bloqueo", xorden os imperialismos (palabra que, a pesar do parecido, moi pouco ten que ver co que representa a palabra Imperio), que representan a suma de todas as agresións ao Dereito Internacional, dereito ironicamente creado por estas mesmas potencias imperialistas e condensado na creación da Organización das Nacións Unidas (ONU).
O último Estado que oficialmente levou ese nome foi o Imperio Xaponés. O país alterou a súa denominación despois da drástica alteración da súa política exterior desde o final da segunda guerra mundial que lle impiden implementar un expansionismo con trazos imperialistas. Posteriormente, en 1976 o xeneral centroafricano Jean-Bédel Bokassa proclamouse soberano do Imperio Centroafricano que durou menos de tres anos, até o seu destronamento e a restauración da república.
Ademais, os monarcas británicos levaron o título de emperadores da India desde 1877 até 1947 e o título do soberano etíope tamén era traducido usualmente como emperador, até 1975. Actualmente só o xefe de Estado xaponés se lle segue chamando no Occidente de emperador.
O xefe supremo dun Imperio é xeralmente chamado emperador.
Historia do imperialismo
[editar | editar a fonte]Desde a antigüidade até hai ben poucos anos houbo moitos Imperios na Europa, tales como:
- Imperio Italiano
- Imperio Colonial Neerlandés
- Imperio Austro-Húngaro
- Imperio Bizantino
- Imperio Británico
- Imperio Francés
- Imperio Romano
- Imperio Romano de Occidente
- Imperio Romano de Oriente
- Sacro Imperio Romano-Xermánico
- Imperio Ruso
- Imperio portugués
- Imperio Español
- Imperio Alemán
Na África:
Na Asia:
- Imperio Persa
- Imperio Otomán
- Imperio chinés
- Imperio Árabe-Musulmán
- Imperio Mongol
- Imperio Babilónico
- Imperio Xaponés
Nas Américas:
Na actualidade, o único país oficialmente no cal o emperador é o xefe de estado é o Xapón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [en,it http://panemetcircenses.blog.fr/]
- [pt http://revistaescola.abril.uol.com.br/historia/fundamentos/quais-foram-tres-maiores-imperios-historia-481405.shtml]
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |