Hymir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thor e Hymir pescando.

Na mitoloxía nórdica, Hymir era un xigante, esposo de Hrod.

É mencionado no poema titulado Hymiskviða, no Codex Regius entre Hárbarðsljóð e Lokasenna. Hymir aparece coma o dono dunha caldeira o suficientemente grande como para conter todo o hidromel dos Æsir. O seu cranio era inusualmente duro e Thor rompeu unha copa ao tirarlla pola cabeza a Hymir. Hymiskviða conta que Tyr era fillo de Hymir.

Outros mitos involucran a Hymir asistindo a Thor cando pescaba. Jormungand, a serpe do mundo, enredouse na liña de pesca de Thor, pero Hymir puido cortar a liña antes de que Thor a matara.