Batalla de Dien Bien Phu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A batalla de Dien Bien Phu (en francés Bataille de Diên Biên Phu; en vietnamita: Chiến dịch Điện Biên Phủ) foi o encontro bélico decisivo da Primeira Guerra de Indochina, librada entre forzas francesas do Corpo Expedicionario do Extremo Oriente (que incluía tropas da Lexión Estranxeira e doutros países coloniais franceses), e forzas comunistas vietnamitas revolucionarias do Viet Minh. A batalla ocorreu entre marzo e maio de 1954, culminando cunha derrota contundente dos franceses.

A batalla significou a vitoria do xeneral Giap, o 7 de maio de 1954. Como consecuencia Francia abandonou a parte norte do Vietnam (o Tonquín), logo do asinamento dos acordos de Xenebra en xullo de 1954, que ademais instauraron a partición do país ao longo do paralelo 17º.