Saltar ao contido

Hanoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hanoi
 Nome orixinal
    Hà Nội (vi) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Hà Nội (vi) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Hanoians (en)
Hanoïen (fr)
Hanoïenne (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Trần Sỹ Thanh (en) Traducir (2022 - ) Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
Ly Thai To (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1010 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
 Substitúe
Đại La (en) Traducir
Ha Tay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Continente
 Capital
Ba Đình (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
7.587.800 (2015)
7.785.000 (2016)
8.246.600 (2020)
8.330.800 (2021)
8.435.650 (2022)
8.717.600 (2024) população estimada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
   4.297.150 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
   4.138.510 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.359,84 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
16 m
10 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal10000–10999 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1903516 Editar o valor en Wikidata
VIAF153554884 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fnff Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: hanoi.gov.vn BNE: XX458707 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Hanoi[1] (en vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3 145 300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun independente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyễn como capital do Vietnam, mais volveu selo durante o período colonial como capital da Indochina Francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.

A cidade está situada na beira dereita do río Vermello. Hanoi sitúase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1 760 km de Cidade Ho Chi Minh, a antiga Saigon, no extremo sur do país.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Hanoi posúe o típico clima do Vietnam setentrional, no que os veráns son quentes e húmidos, mentres os invernos son relativamente frescos e secos. Nos meses estivais, entre maio e setembro, recíbense a maioría das precipitacións do ano (1 682 mm/m² anuais). Os meses comprendidos entre novembro e marzo son secos relativamente, mais na primavera caen choivas lixeiras. As temperaturas mínimas invernais en Hanoi poden caer até 6 °C ou 7 °C, aínda que o vento pode ser xeado; por contra no verán atínxense medias entre 38 e 40 °C.

Lugares interesantes

[editar | editar a fonte]
Ópera de Hanoi.
Vista xeral de Hanoi.
Lago Hoàn Kiếm.

Como capital de Vietnam durante case un milenio, Hanoi considérase o centro cultural do país, pois cada dinastía deixou aquí a súa pegada, aínda que algúns dos monumentos non puideron sobrevivir as guerras e o paso do tempo; mais a cidade conserva moitos monumentos interesantes, para residentes e visitantes, tanto histórica como culturalmente.

Hanoi alberga máis sitios culturais que calquera outra cidade vietnamita; só no que se refire a lugares relixiosos posúe sobre 600 pagodes e templos.

Baixo o dominio francés, como centro administrativo para toda Indochina, a arquitectura de estilo colonial tornouse dominante, ficando aínda hoxe exemplos numerosos: bulevares de tripla calzada (p.ex. a rúa Phan Dinh Phung), o magno edificio da Ópera, o Banco estatal Vietnam (primitivamente Banco de Indochina), o Pazo presidencial (antigo Pazo do Gobernador Xeral da Indochina Francesa), a catedral de S. Xosé, a Universidade de Hanoi (antiga Universidade de Indochina) ou hoteis xa históricos como o Sofitel Métropole.

Outros lugares emblemáticos son: o Templo da Literatura (Văn Miếu), sede da máis antiga universidade de Vietnam; a Pagode do "único piar" (Chùa Một Cột); a Torre da Bandeira de Hanoi (Cột cờ Hà Nội); o Barrio Vello e o lago Hoàn Kiếm.

Hanoi é tamén sede de numerosos museos, como o Museo Nacional de Historia do Vietnam, o Museo Nacional de Etnoloxía, o Museo Nacional de Belas Artes e o Museo da Revolución.

O Barrio Vello, preto do lago Hoan Kiem, posúe as rúas orixinarias e as edificacións máis antigas de Hanoi. A comezos do século XX a cidade só comprendía unhas 36 rúas, a maioría das cales pertencen hoxe ao Barrio Vello. Esas rúas albergaban tendas e almacéns especializadas nun determinado xénero como seda, xoiaría, tecidos etc. Os nomes desas rúas reflicten aínda a especialidade orixinaria, aínda que na actualidade só algunhas conservan restos daquelas actividades. Toda a área é coñecida polos seus artesáns e mercadores; sitúanse aquí tamén casas de comidas locais, así como bares e clubs. Un mercado nocturno, sito preto do mercado de Đồng Xuân, abre nos anoiteceres dos venres, sábados e domingos, mostrando unha rica variedade de tecidos, alimentos e recordos.

Na parte occidental o lago (Hồ Tây) é un lugar popular para o lecer das xentes de Hanoi. É o maior dos lagos da cidade. Pódense alugar barcas de recreo e comer nun restaurante flotante. Na zona existen tamén numerosos templos.

Transportes

[editar | editar a fonte]

O medio máis popular de transporte dentro da cidade son as motocicletas e as bicis, pola súa versatilidade. O parque de automóbiles está a medrar, pero o tráfico é pouco fluído a determinadas horas e nas intersección de rúas. As liñas de autobuses serven as rúas principais. Pódense adquirir tiras de billetes no mesmo bus. Para traslados curtos acostuman empregarse motocicletas-taxis, ditas "xe ôm" ("gran vehículo"). Para desprazamentos longos, e se non desexa viaxar á aire libre, o máis conveniente son os taxis.

Colleita de incenso en Quang Phu Cau, nas aforas de Hanoi.

Hanoi conta cun aeroporto internacional sito a uns 45 km da cidade, e que serve a todo o Norte do Vietnam. As instalacións foron modificadas en anos pasados e están ben dotadas. Hai trens que unen con regularidade Hanoi e Saigón.

  1. ↑ "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]