Serie A de Ecuador
A Primeira Categoría Serie A é o campionato nacional de fútbol profesional en Ecuador, organizado anualmente pola Federación Ecuatoriana de Fútbol dende 1957. O torneo consta de 12 equipos, que xogan dúas fases. A primeira fase dispútase no primeiro semestre do ano, e consta de 22 xornadas, é dicir, 2 voltas. A segunda fase dispútase no segundo semestre do ano, e consta doutras 22 xornadas. Ó remate das dúas fases, dispútase unha final entre os gañadores das dúas fases, para determinar cal é o campión do torneo.
O actual campión é o Deportivo Quito, que acadou en 2011 o seu 5º título; mentres que os clubs máis laureados na historia da competición son o Barcelona SC e o CD El Nacional con 13 títulos, seguidos do CS Emelec e do LDU Quito con 10 títulos.
Os equipos ecuatorianos non tiveron moito éxito ó longo da historia da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica. O Barcelona SC xogou dúas finais, nos anos 1990 e 1998, caendo en ámbalas dúas finais, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama. Posteriormente, en 2008 o LDU Quito disputou a final fronte ó Fluminense FC, acadando nesa ocasión por vez primeira un equipo ecuatoriano o éxito continental.
Equipos 2012[editar | editar a fonte]
Equipo | Cidade | Primeira participación |
Tempadas totais |
Último retorno |
Tempadas consecutivas |
Campionatos gañados |
---|---|---|---|---|---|---|
Barcelona SC | Guayaquil | 1957 | 53 | - | 48 | 13 |
![]() |
Riobamba | 1971 | 19 | 2004 | 9 | 1 |
![]() |
Cuenca | 1971 | 35 | 2002 | 11 | 1 |
![]() |
Quito | 1964 | 49 | 1980 | 49 | 13 |
![]() |
Sangolquí | 2010 | 3 | 2010 | 3 | 0 |
![]() |
Ambato | 1960 | 29 | 2012 | 1 | 0 |
![]() |
Guayaquil | 1957 | 53 | 1981 | 48 | 10 |
![]() |
Ambato | 1978 | 24 | 2012 | 1 | 0 |
Liga de Loja | Loja | 2005 | 3 | 2011 | 2 | 0 |
![]() |
Quito | 1960 | 51 | 2002 | 11 | 10 |
![]() |
Manta | 2003 | 5 | 2009 | 4 | 0 |
![]() |
Quito | 1957 | 49 | 1980 | 35 | 5 |
- En 1964 o Barcelona non disputou o Campionato Nacional.
- O Deportivo Quito retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
- O El Nacional retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
- O Emelec retornou a mediados de 1981 á Primeira División.