Dudu Aouate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dudu Aouate
דודו אוואט
DuduAouate.jpg
Aouate xogando co Mallorca en 2012
Información persoal
Nome completo David Aouate
Nacemento 17 de outubro de 1977 (42 anos)
  Nazaré Illit
Nacionalidade Israel
Altura 1,88 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Maccabi Haifa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1997 Maccabi Haifa 0 (0)
1995–1996H. Nazareth Illit (cedido) 3 (0)
1997–1998 Maccabi Tel Aviv 1 (0)
1998–2001 Hapoel Haifa 104 (0)
2001–2003 Maccabi Haifa 60 (0)
2003–2006 Racing de Santander 78 (0)
2006–2009 Deportivo da Coruña 66 (0)
2009–2014 Mallorca 167 (0)
Selección nacional
1998–1999 Israel sub-21 12 (0)
1999–2013 Israel 78 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

David "Dudu" Aouate (en hebreo, דודו אוואט), nado en Nazareth Illit o 17 de outubro de 1977, é un ex futbolista israelí. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comenzou a súa carreira futbolística profesional co Hapoel Nazareth Illit, pero axiña cambiou para o Maccabi Haifa como porteiro suplente de Nir Davidovich e pasou polo Maccabi Tel Aviv FC onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o Hapoel Haifa, a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que Avi Peretz, o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 volveu ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.

O 17 de xullo de 2003 fichou polo Racing de Santander, onde permaneceu tres anos, e en agosto de 2006 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña. Durante a tempada 2008–09 foi afastado do equipo polo adestrador, Miguel Ángel Lotina, tras un enfrontamento que tivo co outro porteiro, Gustavo Munúa, que tamén foi relegado da disciplina branquiazul. Días máis tarde, debido á inexperiencia do porteiro do filial, Fabri, foron novamente chamados.

A finais de decembro de 2008, como debía adestrar separado de Munúa e non entraba nos plans de Miguel Ángel Lotina, Aouate fichou polo RCD Mallorca por aproximadamente 1 millón de euros, até xuño de 2011.[1] Debutou co equipo balear o 8 de xaneiro de 2009 nun partido de Copa do Rei fronte ao UD Almería que rematou con victoria (3–1). Catro días máis tarde, co porteiro titular Miguel Ángel Moyà lesionado, Aouate debutou en Liga na derrota fronte ao Real Madrid (3–0).

Controversia co Yom Kippur[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista ao Diario As, Aouate foi preguntado sobre o significado do Yom Kippur e algunhas preguntas xerais sobre as prohibicións desa festividade. Aouate engadiu que entendía que xogar ao fútbol nesa festividade non estaba permitido, pero que si se lle obrigaba a xogar contra a Real Sociedad, nun partido en setembro de 2006, faríao. Os seus comentarios provocaron unha gran controversia en Israel, onde un membro do partido Shas pediu que Aouate fose eliminado da selección nacional.[2]

En setembro de 2010, Aouate decidiu non xogar fronte a CA Osasuna, xa que o partido debía comezar 18 minutos antes de finalizar o día do xaxún xudeu, e o Mallorca aceptou a súa petición.[3][4]

Antisemitismo[editar | editar a fonte]

En decembro de 2009, durante un partido entre Osasuna e Mallorca, Aouate foi sometido a cánticos antisemitas provinientes dos seguidores navarros. Ademais, ondearon bandeiras palestinas e chamárono "asasino". A Real Federación Española de Fútbol realizou unha investigación sobre o incidente, sendo xa a segunda vez que o xogador se enfrontou a este tipo de abuso (a vez anterior foi tamén xogando contra Osasuna en 2006, mientras Aouate era xogador do Deportivo).[5][6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Aouate está casado con Hagit Aouate, con quen ten dúas fillas e un fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]