Saltar ao contido

Säckpipa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo tradicional de säckpipa, feito por Leif Eriksson.
Modelo moderno de säckpipa, feito por Alban Faust. Punteiros en A e G, tres bordóns e un fol.

Säckpipa é unha gaita típica de Suecia, practicamente extinta a mediados do século 20. A inicios de 1980, iniciouse un grande esforzo para a súa rehabilitación, chegando hoxe a unha versión de säckpipa baseada en exemplares atopados na rexión de Dalarna, onde o instrumento perdurou por máis tempo. A tradición musical da säckpipa é relativamente descoñecida á maior parte dos suecos. Pinturas sacras medievais atopadas en igrexas ao longo de Suecia indican que a gaita era alí un instrumento popular dende finais do século XIV, a pesar de que os intrumentos alí figurados non sexan necesariamente a säckpipa que agora coñecemos, cando non foron creacións imaxinativas dos artistas da época. Säckpipa quere dicir en sueco, literalmente, "gaita de saco", e pode ser usado por falantes para designar calquera modelo de gaita.