Soprete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Na gaita, o soprete é o tubo que permite insuflar o fol. Fabrícanse en distintas madeiras, pero o bico ha de ser dun material que resista ao roce dos dentes. No extremo que vai no interior da buxa colócase o zapón, tapafolgos ou tapafoldros, unha válvula simple que permite que o aire entre no fol pero non que saia. Esta pode ser de pel, látex ou goma, e é preciso humedecela antes de tocar para que feche ben. De feito, o soprete, que é a peza da gaita que máis humidade recibe, debe gardarse sempre fóra da buxa, para evitar que a humidade do alento degrade tanto o tapafolgos como a madeira do seu interior.

Algunhas gaitas non fan uso do soprete e o ar insúflase mediante un fol mecánico accionado co brazo e ligado ao fol principal, como a gaita Uilleann, a musette francesa ou a gaita de barquín galega.