Batalla de Bannockburn
Coordenadas: 56°05′31″N 3°54′54″O / 56.092, -3.915
Batalla de Bannockburn | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Primeira Guerra de Independencia de Escocia | |||||||
Esta imaxe do Scotichronicon(c.1440) é a primeira representación coñecida da batalla. O Rei Roberto I empuñando un machado e Eduardo II fuxindo cara a Stirling, mestura incidentes dos dous días da batalla. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Reino de Escocia | Reino de Inglaterra | ||||||
Líderes | |||||||
Robert the Bruce | Eduardo II de Inglaterra | ||||||
Forzas en combate | |||||||
5.000[1]-10.000[2] | 13.700[3]-25.000[4] | ||||||
Baixas | |||||||
400[5] – 4.000[6] | 700 cabaleiros 4.000[7] – 11.000 de infantaría[8] |
A Batalla de Bannockburn foi un conflito bélico entre Escocia e Inglaterra que supuxo unha transcendental vitoria escocesa no marco das Guerras de independencia de Escocia.
As tropas de Robert the Bruce preparáranse en Bannockburn para presenciar o acordo de paz entre o entón Rei inglés e o seu Soberano escocés. Dado que a negociación fallou, os escoceses cargaron sobre os campos contra os ingleses. Nesa batalla, os ingleses saíron derrotados con numerosas baixas, dando unha enorme vitoria a Escocia, grazas á cal lograron a súa independencia.
A batalla
[editar | editar a fonte]Primeiro día
[editar | editar a fonte]O comezo da batalla tivo lugar o día 23 cando a cabalería inglesa se lanzou contra o flanco esquerdo escocés. No fragor deste primeiro contacto entre os exércitos, Henry de Bohun viu a Robert the Bruce e dirixiuse cara a el lanza en man, o que provocou unha loita entre os dous na que saíu vencedor o escocés. Logo veu un segundo ataque de 700 cabaleiros ingleses contra o centro do exército escocés. Bruce ó ver o perigo que corría a súa infantaría, mandou ó seu flanco esquerdo contra os cabaleiros. Despois de momentos de confusión os ingleses retiráronse ó seu campamento e os escoceses celebraron o seu primeiro día de vitoria. Entre os capturados ingleses estaba Sir Thomas Gray, cuxo fillo escribiu Scalacronica, libro no que conta as memorias do seu pai na batalla.
Segundo día
[editar | editar a fonte]Na mañá do día 24 de xuño, Eduardo II ordenou ó conde de Gloucester que realizara unha carga xeral contra os escoceses. Porén, a carga de cabalería estrelouse contra a formación escocesa de picas comandada por Bruce. O mesmo conde de Gloucester morreu empalado polas lanzas. Ante o fracaso da carga, os cabaleiros fuxiron cara ós seus postos mentres eran perseguidos pola infantaría escocesa. Mentres, o rei inglés nun esforzo desesperado, mandou ós seus arqueiros que dispararan contra os escoceses, pero foron dispersados axiña pola providencial aparición da cabalería escocesa de Robert Keith. A intervención final da retagarda escocesa provocou a retirada total do exército inglés. Eduardo II tivo que fuxir a galope do campo de batalla sobre as tres da tarde do día 24. Chegou ó castelo de Dunbar, dende onde tomou un barco de volta a Inglaterra.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Os ingleses perderon arredor da metade dos seus homes mentres que as baixas escocesas foron moitas menos. As formacións de piqueiros provocaron o principio da fin da cabalería nesta batalla.
A Primeira Guerra de Independencia de Escocia acabou con vitoria dos rebeldes contra a invasión inglesa tras esta vitoria. O rei escocés Roberto I consolidou o seu poder e recuperou a independencia de Escocia, que perdurou ata 1707.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nusbacher, Aryeh (2000). The Battle of Bannockburn 1314. Stroud: Tempus. p. 85. ISBN 0-7524-1783-5.
- ↑ Oman, Charles (1991) [1924]. A History of the Art of War in the Middle Ages Vol. II. Londres: Greenhill Books. p. 88. ISBN 1-85367-105-3.
- ↑ Armstrong, Pete (2002). Bannockburn. Botley, Oxford: Osprey Publishing. p. 43. ISBN 1-85532-609-4.
- ↑ Grant, R.G. (2008), Battle: A visual journey through 5,000 years of combat, DK Publishing,p.118.
- ↑ Sadler, John, Scottish Battles, (Biddles Ltd., 1998), 52–54.
- ↑ Grant, 118.
- ↑ Sadler, 52.
- ↑ Reese, p.174