Highlands

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Lago Ness, nas Terras Altas Escocesas

As Terras Altas Escocesas (Highlands ou Scottish Highlands, en inglés, A' Ghàidhealtachd en gaélico escocés , Hielands en scots), é unha rexión montañosa do norte de Escocia. É unha área con baixa densidade de poboación, e cun relevo moi variado. O principal centro administrativo é Inverness.

Respecto da cultura, o trazo máis distintivo é a influencia celta na cultura, incluíndo o mantemento do gaélico escocés como a lingua materna dunha parte da poboación, e un maior predominio da actividade agrícola e gandeira, comparado co resto do país.

Durante os séculos XVIII e XIX miles de persoas foron desaloxadas e forzadas a emigrar ao sur ou a América e Australia. Produciuse cando o sistema feudal entrou en crise.

A unidade administrativa do condado denominado Highland soamente ocupa un 40% (aproximadamente) da rexión xenericamente denominada Highlands. O resto do territorio está repartido entre os condados de Aberdeenshire, Angus, Argyll e Bute, Moray, Perth e Kinross, e Stirling.