Condado de Dalarna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dalarna»)
Dalarna
Dalarnes län
Escudo
Capital Falun
Poboación 288.919 habitantes
Censo 1990
Área 28.196 km²
Densidade 10,25 hab./km²
Mapa

O Condado de Dalarna, ou Dalarnas län é un condado ou län situado no centro de Suecia, na rexión de Svealand. O condado fai fronteiras cos condados de Jämtland, Gävleborg, Västmanland, Örebro e co condado de Värmland. O condado de Dalarna tamén fai fronteira cos condados noruegueses de Hedmark e Sør-Trøndelag. O condado está dividido en 15 concellos e a súa capital é a cidade de Falun. No mes de setembro de 2022 o condado tiña unha poboación de 288 446 habitantes.[1]

A provincia histórica de Dalarna é lixeirmente máis grande que o condado, xa que inclúe as partes máis occidentais do concello de Ljusdal, que pertence ao condado de Gävleborg.

Administración histórica[editar | editar a fonte]

Divisións máis antigas[editar | editar a fonte]

As divisións administrativas no pasado non estaban moi ben definidas. Ás estaba Dalarna baixo o control do alguacil do castelo de Västerås, e ás veces baixo o control do seu propio alguacil. Neste sentido, os distritos mineiros (bergslager) tamén tiñan unha posición especial cos seus propios alguacís (bergsfogdar), que á súa vez estaban subordinados ao alguacil de Dalarna. En 1533 Gustav Vasa dividiu Dalarna (Tuna län) en dous bailiados (fögderier). As igualcións nestas divisións chegaron máis tarde. Baixo o reinado de Gustavo II Adolfo e a rexencia de Cristina de Suecia, intentouse establecer un condado mineiro (bergslän) especial, que incluiría aos distritos mineiros de Dalarna e Västmanland.

Porén, o instrumento de goberno de 1634 determinou que "Dalarna e Kopparbergslagen" constituirían un condado separado. Este inicialmente non incluía todo o condado actual, que foi establecido en 1647 por unha carta real.

Cambios nos límites[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1864 (segundo un decreto do goberno do 13 de novembro de 1863) transferíse o Hamra kapellag (posteriormente a congregación de Hamra) do condado de Kopparberg ao de Gävleborg. Esta congregación pertencera anteriormente áparroquia de Orsa.[2]

Concellos[editar | editar a fonte]

Concellos do condado de Dalarna

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]