Frontón Municipal de Riazor
Frontón Municipal de Riazor | |
---|---|
Coordenadas | 43°22′06″N 8°24′57″O / 43.368444000036, -8.4159197828457 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Frontón Municipal de Riazor é unha instalación polideportiva da cidade da Coruña na confluencia da avenida de La Habana coa praza de Portugal, inaugurada en 1944[1] e propiedade do Concello da Coruña. Foi proxectada por Santiago Rey Pedreira como parte do complexo coñecido como Cidade Deportiva Municipal de Riazor, composta —ademais de polo frontón— polo Estadio Municipal, o Palacio dos Deportes, a Piscina Municipal de Riazor e as Pistas Polideportivas de Riazor. Consta de[2]:
- Un muro de escalada de carácter deportivo.
- Unha pista de 24 m×50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis e voleibol
- Bancada con capacidade para 500 persoas
Inicialmente foi construída como unha instalación descuberta que formaba parte do propio estadio e aínda que houbo un proxecto para cubrila xa en 1951, obra do propio Rey Pedreira, tal mellora non se levaría a cabo até anos máis tarde[1].
Vén sendo empregada tamén para outros deportes como boxeo[3], halterofilia[4] ou patinaxe,[5] actos políticos como a fundación do Bloque Nacionalista Galego en 1982 e o seu XXV aniversario en 2007,[6] concertos[7] ou actos benéficos.[8]
A finais de 2008 a xunta de goberno local aprobou a rehabilitación do seu lucernario[9] e a finais de 2012 puxo en marcha obras para anovar os seus accesos.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 López González, Cándido; Carreiro Otero, María. "LA IDENTIDAD DEL LUGAR: LA MANZANA DEL DEPORTE EN RIAZOR". Universitat Politècnica de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Cidade Deportiva de Riazor". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Velada Frontón de Riazor - A Coruña (14/02/2014)". Round Galicia. Arquivado dende o orixinal o 07-03-2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Halterofilia >> XXI Copa Galega (m+f)) e VII Fase Liga Escolar sub-15, sub-17 e sub-20 (m+f)". Xunta de Galicia. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Frontón longo da Cidade Deportiva de Riazor". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "25 aniversario do BNG". bng-ribeira.gal. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ DeporSport. Redacción (24 de decembro de 2008). "Los Riazor Blues, con la Selección Galega". Arquivado dende o orixinal o 08-03-2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Proyecto ENKI www.proyectoenki.com. Programa de actividades". Fundación Abrente. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ La Voz de Galicia (30 de decembro de 2008). "La junta de gobierno aprueba otros 10,8 millones para proyectos del Fondo Estatal de Inversión Local". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ "Urbanización da contorna do Palacio de Deportes de Riazor, piscina, frontón municipal e Estadio de Riazor.". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |