Fernan Padron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernan Padron
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Fernan Padron foi un trobador galego[1] do século XIII, autor de composicións da lírica galego-portuguesa.[2][3] É mencionado no libro Os Trobadores de Víctor Balaguer.[4]

Biografía[editar | editar a fonte]

Polo nome, os investigadores deducen que provén de Padrón, localidade na que había unha liñaxe de cabaleiros denominados así.[5] Entre 1164 e 1178 aparece un Fernan Pais Padron nos documentos do mosteiro de Toxos Outos, así como nunha escritura onde aparecen nobres relacionados coa primeira xeración da lírica galego-portuguesa.[2] Con todo, pola zona que ocupa a súa obra nos cancioneiros, pertence á primeira metade do século XIII, polo que podería ser fillo ou neto do mencionado Fernan Pais Padron.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse 3 cantigas de amor recompiladas no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro da Ajuda.[6] Nas cantigas ‘Nulh'home nom pode saber’ e ‘Vos meus olhos, que mia senhor’ emprega os ollos como pretexto para expresar o seu amor e o sufrimento que padece polo mesmo.[7][8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brea, Mercedes (2008). Estudos sobre léxico dos trobadores. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-026-8. Consultado o 2021-07-24. 
  2. 2,0 2,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-21. 
  3. González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Dicionario de dicionarios do galego medieval. España. p. 104. ISBN 9788497507738. 
  4. Balaguer, Víctor (1883). Los trovadores (en castelán). M. Tello. Consultado o 2021-08-10. 
  5. 5,0 5,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01. 
  6. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-21. 
  7. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-21. 
  8. Galicia: Literatura : La Edad Media (en castelán). Hércules de Ediciones. 2006*. Consultado o 2021-07-24. 
  9. Reyes, Jesús L. Serrano (2003). Cancioneros en Baena: actas del II Congreso Internacional Cancionero de Baena : in memoriam Manuel Alvar (en castelán). M.I. Ayuntamiento de Baena. ISBN 978-84-606-3345-7. Consultado o 2021-07-24.