Fernan Soares de Quinhones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernam Soares de Quinhon»)
Infotaula de personaFernan Soares de Quinhones
Biografía
Nacementoprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Reino de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Fernan Soares de Quinhones ou Quinhões (ou Fernan Suarez de Quiñones) foi un trobador leonés do século XIII.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Crese que provén dunha localidade leonesa chamada Quiñones del Río, preto de Astorga, estaría casado con Maria Guillelmez e sería irmán de Fernan Suarez de Quiñones, que aparece no documento das reparticiones tras a conquista de Sevilla. Fernan Soarez figura nun documento de venda de 1259 conservado na catedral de León no que tamén figura Afonso X. Carlos Alvar tamén atopou un documento de 1271 no que figura o seu nome.[2] Estivo activo na corte de Afonso X e tivo relacións cos trobadores Gonçalo Eanes do Vinhal e Johan Airas.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

É autor de 5 textos: 4 cantigas de escarnio e 1 sátira moral.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-03. 
  2. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-03. 
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-03. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]