Diferenzas entre revisións de «Atenea»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
 
== Atributos ==
[[Ficheiro:Owl of Minerva.jpg|miniatura|A deusa Atenea, a cidade de Atenas e a [[Dracma#Dracma antigo|moeda]] ateniense, foron simbolizados coa figura do moucho común, ''glaux'' (γλαύξ).<ref>[http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus:text:1999.04.0057:entry=glau/c γλαύξ] Liddell & Scott</ref>]].
O seu animal favorito é o [[Athene noctua|moucho]]; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “ deusa de ollos garzos”.
Pola protección que concede a [[Ulises]] a e [[Heracles]], Atenea simboliza o auxilio aportado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.
 
Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras, etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como [[Esparta]], [[Megara]], [[Argo]], etc.
 
Hai semellanzas entre [[Hefesto]] e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela. Disgustada, Atenea limpou o esperma e arroxouno ó chan. E desa semente que impregnou o chan mentres a deusa escapaba, naceu [[Erictonio]], cuxa parte do corpo era como de serpe.
Unha muller chamada [[Aracne]] alardeou en certa ocasión de ser mellor tecedeira que Atenea, a deusa da tecedura. Atenea apareceuse disfrazada como unha anciá e díxolle que se arrepentise da súa hubris, pero en lugar de facelo Aracne desafiou a Atenea a un concurso. A anciá quitouse o disfrace e empezou o concurso. Atenea teceu unha representación do conflito con Poseidón preto de Atenas, mentres que Aracne teceu unha das moitas fazañas de Zeus. Atenea enfureceuse pola habilidade de Aracne e a súa elección de tema, e cun toque engaiolouna cunha tremenda culpabilidade. [[Aracne]] intentou matarse e Atenea converteuna na primeira araña.
 
== Véxase tamén ==
[[Moucho de Atenea]]
 
393.002

edicións

Menú de navegación