Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{ |
{{Comarca galega |
||
|nome = Ancares |
|nome = Ancares |
||
|preposición = dos |
|preposición = dos |
Revisión como estaba o 25 de agosto de 2013 ás 03:19
Comarca dos Ancares | |
---|---|
Provincia | Provincia de Lugo |
Área | 907 km² |
Poboación | 11.330 hab. (2012) |
Concellos | Becerreá As Nogais Baralla Cervantes Navia de Suarna Pedrafita do Cebreiro |
Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo e a súa capital é Becerreá, que tamén é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Localización e características
É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares tiña 11.330 habitantes no 2012, e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.
Poboación
Censo total (Habitantes) | 11.330 |
Menores de 15 anos | 650 (5.74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.354 (56.08 %) |
Maiores de 65 anos | 4.326 (38.18 %) |
Galería de imaxes
- Vexa tamén a Galería de imaxes da comarca dos Ancares
-
O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro