Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-----
|-----
| '''Censo Total (Habitantes)'''
| '''Censo total (Habitantes)'''
| 11.330
| 11.330
|-----
|-----

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2013 ás 00:17

Modelo:Comarga galega Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo e a súa capital é Becerreá, que tamén é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Localización e características

É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

Poboación

Censo total (Habitantes) 11.330
Menores de 15 anos 650 (5.74 %)
Entre 15 e 64 anos 6.354 (56.08 %)
Maiores de 65 anos 4.326 (38.18 %)


Galería de imaxes

Vexa tamén a Galería de imaxes da comarca dos Ancares

Véxase tamén

Outros artigos