Escroto: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 2796697 de Augustoroberto (conversa) |
m r2.7.2) (Bot: Engado: sl:Modnik |
||
Liña 86: | Liña 86: | ||
[[simple:Scrotum]] |
[[simple:Scrotum]] |
||
[[sk:Miešok]] |
[[sk:Miešok]] |
||
[[sl:Modnik]] |
|||
[[sr:Мошнице]] |
[[sr:Мошнице]] |
||
[[su:Kanjut]] |
[[su:Kanjut]] |
Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2013 ás 17:01
Nos animais do sexo masculino, o escroto ou saco/bolsa testicular é unha bolsa externa de pel e músculo que contén os testículos. É unha extensión do abdome e está localizado entre o pene e o ano.
Histoloxía
Nos humanos, ata a novena semana de xestación, o feto macho ou femia só presenta aínda dous túbulos labio-escrotais que darán na meniña os labia maiora da vulva e o escroto no meniño. Cara ó sétimo ou oitavo mes os testículos baixarán ás bolsas escrotais.
A función do escroto, é manter os testículos a unha temperatura inferior á do resto do corpo (34,4º celsius) para favorece-la produción de espermatozoides (espermatoxénese), a calor excesiva destrúe os espermatozoides. A regulación térmica efectúase grazas ó movemento reflexo do músculo cremaster que, contraendo o escroto, achega os testículos ó corpo cando vai frío e á inversa cando vai calor, favorecendo pola transpiración o mantemento dunha temperatura máis baixa.
A pel do escroto é particularmente permeable a numerosas moléculas, podería xogar un rol no sistema hormonal. O cirurxián inglés Percivall Pott (1714-1788) decatárase xa de que os nenos que foran empregados, polo seu pequeno tamaño, desenfeluxando chemineas eran máis propensos a desenvolver un cancro de escroto na idade adulta, cara ós 20 anos, o que foi un dos primeiros indicios das causas ambientais de certos cancros.
Aínda que a temperatura ideal varíe conforme a especie, nos animais de sangue quente parece haber unha maior necesidade de control, e de aí a necesidade e evolución do escroto, a pesar do riscos que representa por non ofrecer protección aos testículos.
Suponse que a fraca resistencia do esperma ás altas temperaturas, sirva para impedir que mulleres doentes (con febre), poidan empreñar.
Nos humanos e noutros mamíferos, o escroto fica coberto de pelos púbicos a partir da puberdade.