Eduardo Chillida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Es nacido no nado
Etiquetas: Revertida Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 5: Liña 5:
| páxina_web = {{URL|http://www.museochillidaleku.com|museochillidaleku.com}}
| páxina_web = {{URL|http://www.museochillidaleku.com|museochillidaleku.com}}
}}
}}
'''Eduardo Chillida Juantegui''', nado en [[Donostia]] o [[10 de xaneiro]] de [[1924]] e finado na mesma cidade o [[19 de agosto]] de [[2002]], foi un escultor [[País Vasco|vasco]].
'''Eduardo Chillida Juantegui''', nacido en [[Donostia]] o [[10 de xaneiro]] de [[1924]] e finado na mesma cidade o [[19 de agosto]] de [[2002]], foi un escultor [[País Vasco|vasco]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2024 ás 12:56

Modelo:Artista Eduardo Chillida Juantegui, nacido en Donostia o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2002, foi un escultor vasco.

Traxectoria

Primeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de Donostia, pero tivo que deixalo por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Trasládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Belzunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira na que destacaría o Peite do Vento, escultura en aceiro que se instalou en Donostia en 1971. No ano 1975 deseñou o logotipo da Universidade do País Vasco[1]. Recibiu diversos premios, entre eles o Princesa de Asturias das Artes en 1987.

Na última parte da súa vida, Chillida constituíu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no casarío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun grande espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.

Un dos seus proxectos máis afamados e polémicos, aínda que inconcluso, foi o baleirado da montaña Tindaya, na illa canaria de Fuerteventura, co obxectivo de crear no seu interior un inmenso cubo no que se simbolizaba a lúa e o sol.

Outras obras sinaladas

O Peite do Vento en Donostia.
Eloxio ó horizonte (Xixón).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Muere Chillida, el escultor español más universal", en El País, 20.08.2002.

Ligazóns externas