Xoán II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán II da Bretaña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1239 Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1305 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Lión, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChurch Saint-Armel in Ploërmel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Brittany (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Dreux (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBeatriz de Inglaterra (1260 (Gregoriano)–)
FillosArtur II da Bretaña, Eleonor da Bretanha (pt) Traducir, Henry de Dreux (en) Traducir, Branca da Bretanha (pt) Traducir, Maria da Bretanha, Condessa de Saint-Pol (pt) Traducir, Jean de Bretagne (pt) Traducir, Pierre de Dreux, Comte de Léon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJoão I, Duque da Bretanha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Branca de Navarra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlice da Bretanha (1243–1288) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dreux-22 Find a Grave: 79795117 Editar o valor em Wikidata

Xoán II da Bretaña,[1] nado o 3 ou 4 de xaneiro de 1239 e finado o 16 de novembro de 1305 en Lión, foi duque da Bretaña (1286 - 1305), conde de Richmond (1268 - 1305) e par de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acompañou ao seu pai, Xoán I, e Lois IX de Francia á Oitava Cruzada, que terminou coa morte do rei en 1271 en Tunes. Mentres seu pai regresaba á Bretaña, foi a Palestina, probabelmente coa cruzada de Eduardo I de Inglaterra, o seu cuñado.

En 1285, acompañou ao rei Filipe III de Francia o intrépido, na guerra contra o rei catalán Pedro o Grande (cruzada de Aragón). Cuñado do rei de Inglaterra, o seu segundo fillo Xoán foi nomeado por este como capitán xeneral de Aquitania e defendeu esta provincia contra o exército do rei de Francia, dirixido por Carlos I de Valois. Xoán só experimentou derrotas. Os ingleses que intentaban avituallárense na Bretaña cometeron pillaxes tras pillaxes, o que levou ao duque a romper a súa alianza co rei de Inglaterra. Casou o seu neto, o futuro Xoán III da Bretaña, con Isabel, a filla de Carlos de Valois, e converteuse en par de Francia en 1297 polo rei Filipe IV de Francia, que tiña espías a través dos bispos, actuando de feito contra os templarios.

De 1297 a 1304, uniu a súa bandeira coa do rei de Francia na súa loita contra os flamengos; é mencionado na batalla de Mons-en-Pévèle, nos dous asedios de Lille e noutras batallas.

En 1305, logo da paz, dirixiuse a Lión para a consagración do papa Clemente V co fin de resolver os seus conflitos co episcopado bretón. De volta da igrexa de Saint-Just de Lión, cando o duque levaba a brida da mula pontificia, un muro sobre o que estaba situada unha gran multitude de espectadores se derrubou, alcanzando ao pontífice e enterrando a Xoán II. Atopárono moribundo e expirou catro días despois, o 16 de novembro. O seu corpo foi colocado nun cadaleito de chumbo e levado ao seu ducado para ser enterrado nos carmelitas de Ploërmel, que fundara. A estatua xacente do duque, así como a de Xoán III da Bretaña, serán trasladadas á Igrexa de Saint-Armel en 1821.

Durante o seu mandato destacou o eminente xurista Erwan Helouri (1253-1303), máis coñecido como San Ivo de Kermartin (en francés Saint Ives ), desde que foi canonizado en 1347, ao que actualmente consideran patrón os avogados e notarios.

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo de Xoán I o Roxo, duque da Bretaña e de Branca de Navarra (morta en 1283), en novembro de 1260 casou, na basílica de Saint-Denis, con Beatriz de Inglaterra (1242 - 1275), filla do rei Henrique III de Inglaterra, que o dotou do condado de Richmond. Tiveron seis fillos:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]