Xoán II de Montfort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán II de Montfort
Jan z Montfortu.gif
Nacemento1294
 Hennebont
Falecemento16 de setembro de 1345
 Hennebont
SoterradoBretaña
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónaristócrata
PaiArtur II da Bretaña
NaiYolande of Dreux
CónxuxeJoanna of Flanders
FillosJoão V, Duque da Bretanha e Joan of Brittany, Baroness of Drayton
IrmánsAlice of Brittany, Beatrice of Brittany, Guido de Penthièvre e John III, Duke of Brittany
editar datos en Wikidata ]

Xoán II de Montfort, tamén chamado Xoán da Bretaña[1], nado ao redor de 1294, en Henbont e finado no mesmo lugar o 26 de setembro de 1345, fillo de Artur II da Bretaña, duque da Bretaña, e de Iolanda de Dreux, condesa de Monfort-l'Amaury, foi conde de Montfort l'Amaury (1330 - 1345), conde de Richmond (1341 - 1342), e despois, duque pretendente da Bretaña (1341 - 1345).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiro fillo de Artur II da Bretaña e a súa segunda muller, Iolanda de Dreux, herdou da súa nai o título de Conde de Montfort-l'Amaury e reclamou o título de duque da Bretaña.

Guerra de Sucesión[editar | editar a fonte]

O 30 de abril de 1341 o duque Xoán III da Bretaña morreu sen herdeiro masculino. O seu medio irmán, Xoán de Monfort, erixiuse como candidato á sucesión, que tamén foi reclamada por Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III e esposa de Carlos de Blois, o mesmo sobriño do rei de Francia Filipe VI de Valois. Por suposto, o rei era favorábel ao seu sobriño e recibiu a súa homenaxe.

A guerra, chamada Guerra de sucesión da Bretaña, comezou entón e durou uns vinte anos. Este conflito tamén foi chamado "Guerra das Dúas Xoanas", do nome das dúas duquesas en competición: Xoana de Penthièvre e Xoana de Flandres, a muller de Xoán de Montfort.

Despois de ter conseguido tomar o tesouro ducal de Xoán III da Bretaña, gardado en Limoges, Xoán de Montfort, axudado por unha forza partidaria, apoderouse de Nantes e fíxose recoñecer como duque por unha asemblea minoritaria de señores bretóns en maio de 1341. Grazas ao tesouro ducal, conseguiu contratar a mercenarios, o que lle permitiu apoderarse de Roazhon, Brest, An Alre, Kemper, Sant-Brieg, Dinan e Gwened. Carlos de Blois recorreu ao rei de Francia, que convocou a Xoán de Montfort perante o Tribunal dos Pares reunido en Conflans en setembro de 1341 . Polo Decreto de Conflans, o Ducado da Bretaña foi loxicamente atribuído a Carlos de Blois. Filipe VI de Francia confiscou entón a Xoán de Montfort o seu condado de Montfort-l'Amaury (en territorio francés), así como o vizcondado de Limoges (tamén en terras de Francia).

En outubro de 1341 Carlos de Blois e o duque de Normandía Xoán II de Normandía (futuro rei Xoán II de Francia) reuniron un exército e penetraron na Bretaña. Conseguiron recuperar algunhas prazas fortes que perderan, incluído Naoned, que foi retomado o 21 de novembro de 1343 tras tres semanas de cerco. Xoán de Montfort foi feito prisioneiro e logo levado a unha prisión no Louvre de París. Foi a súa muller Xoana quen continuou a loita armada.

En xaneiro de 1343, a través do papa Clemente VI, a tregua de Malestroit había levar a paz e a liberación de Xoán de Montfort. Este último non foi liberado pero conseguiu escapar o 27 de marzo de 1345. Retomando a loita cos reforzos proporcionados polo rei Eduardo III de Inglaterra, cercou en van Kemper, pero enfermou e morreu en Henbont o 30 de abril de 1341.

Os seus restos xacen na igrexa da Santa Cruz de Kemperle.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en Chartres en 1329 con Xoana (1295 - 1374) filla de Luís I de Flandres, conde de Nevers, e de Xoana de Rethel, condesa de Rethel e tiveron:

Emblemática[editar | editar a fonte]

Escudo de Pedro I Mauclerc
Escudo de Xoán II de Montfort

Conde de Montfort-l'Amaury pola súa nai, herdou do seu pai Artur II, se non o ducado da Bretaña, polo menos as súas pretensións no ducado. Tamén herda o seu emblema e segundo Laurent Hablot[2] rexeitou a modificación introducida en 1316 polo seu irmán Xoán III da Bretaña, que cambiara o escudo de armas de Dreux-Bretaña non conservando máis que o armiño (destinadas a un uso longo na Bretaña). A pesar de fermosas miniaturas post-conflito que o amosan levando o escudo de armiño plano, Xoán de Montfort parece que portaba durante a súa vida un axadrezado de ouro e azul (que é Dreux) con bordo de goles cargado con oito cachorros de león de prata cunha cola fendida (que son de Montfort), coa esquina do cantón de armiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. . Certos historiadores desígnano co nome de Xoán IV da Bretaña.
  2. Laurent Hablot, Bulletin de la Société Archéologique et Historique de Nantes et de la Loire Atlantique, vol. 141, Nantes 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]