Hoel II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hoel II da Bretaña
Nacemento1030
Falecemento13 de abril de 1084 e 13 de abril de 1084
 Quimper
EtniaPobo bretón
Ocupaciónaristócrata
PaiAlain Canhiart
NaiJudith of Nantes
CónxuxeHavoisa da Bretaña
FillosAlan IV da Bretaña e Mathias II de Bretagne
IrmánsBenoît de Cornouaille e Guérech II de Cornouaille
editar datos en Wikidata ]

Hoel II da Bretaña (Hoel de Cornualles ou máis propiamente Hoel V de Cornualles), chamado Houel Huuel en bretón, nado c. 1030[1] e finado en Kemper o 13 de abril de 1084, fillo maior de Alan Canhiart, conde de Cornualles, e Xudit de Nantes, filla e herdeira de Judicael, conde de Nantes, foi conde de Cornualles e Nantes, e despois duque da Bretaña de 1066 a 1084.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en conde de Cornualles á morte do seu pai en 1058, e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudit, en 1063. Para fortalecer o control da casa de Cornualles sobre Nantes, fixo elixir (1059) e logo consagrar (1061) ao seu irmán menor Guerech de Cornualles como bispo da cidade ao seu irmán pequeno Guerech II de Cornualles (o bispo Guerech II de Nantes). Á morte de Guerech o 31 de xullo de 1079, o seu segundo irmán Bieito de Cornualles, abade de Santa Cruz de Quimperlé desde 1066, sucedeuno á fronte do bispado.

Antes do 1058, Hoel casara con Havoisa de Bretaña, filla do duque Alan III da Bretaña e irmá de Conan II. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña o 11 de decembro de 1066. Só o condado de Rennes escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a Geoffroy Grenonat, un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.

Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de Inglaterra con Guillerme o conquistador gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de Eudón de Porhoët, obtivo o condado de Richmond[2].

O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en 1072. Hoel tivo que afrontar, entre 1075 e 1077, un levantamento dos señores bretóns dirixidos por Geoffroy Boterel (fillo de Odón de Penthièvre), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), Eudón I de Porhoët e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualles. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de Guillerme o conquistador e a intervención nos combates do seu fillo maior Alan IV Fergent.

O duque Hoel residía en Quimper e en Nantes coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084.[1]

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Da súa unión antes de 1058 con Havoisa de Bretaña naceron cinco nenos:

  1. Alan IV Fergent, duque da Bretaña.
  2. Matías II da Bretaña, conde de Nantes.
  3. Eudon, citado nun diploma do cartulario de Redon en 1089.
  4. Adela II, abadesa de Saint-Georges de Rennes desde 1085 ata a súa morte o 14 de outubro de 1152.
  5. Havoisa, coñecida por un diploma do cartulario da Abadía de Saint-Georges de Rennes de 1085.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084), volume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pp. 95-117
  2. Chédeville, Tonnerre, op. cit., p. 78.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel: Conde de Cornouaille puis duc de Bretagne (ca. 1030-1084), t. CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), p. 95-117
  • Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse, Presses Universitaires de Rennes (2002) (ISBN 2868477437).
  • André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne feudale XIe - XIIIe siècle . Ouest-France Université Rennes (1987) (ISBN 27-37300-14-2).
  • Artur Lemoyne de La Borderie, historiador de Bretaña: Tome troisième . Reimpreso por Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975), Le duc Hoël de Cornouaille p. 24-29.
  • Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille: Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968