Artur II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Artur II da Bretaña
Artur Bretan.jpg
Nacemento25 de xullo de 1261
Falecemento27 de agosto de 1312
 Château de l'Isle (Saint-Denis-en-Val)
SoterradoConvento dos Cordeliers
Relixióncristianismo
Ocupaciónaristócrata
PaiXoán II da Bretaña
NaiBeatriz de Inglaterra
CónxuxeMarie, Viscountess of Limoges e Yolande of Dreux
FillosGuido de Penthièvre, John III, Duke of Brittany, Alice of Brittany, Xoán II de Montfort, Beatrice of Brittany, Jeanne de Dreux-Bretagne, Dame de Nogent-le-Rotrou, Pierre de Bretagne, Blanche de Montfort e Marie de Montfort
IrmánsJean de Bretagne, Marie of Brittany, Countess of Saint-Pol, Branca da Bretanha e Eleanor of Brittany
editar datos en Wikidata ]

Arturo II da Bretaña, nado o 25 de xullo de 1261 e finado no Castelo de L'Isle o 27 de agosto de 1312, foi duque da Bretaña de 1305 a 1312, fillo de Xoán II da Bretaña e de Beatriz de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e sucesor de Xoán II da Bretaña o 18 de novembro de 1305, era neto de Henrique III de Inglaterra, e conseguiu que o ducado fose recoñecido como independente polos franceses. Dividiu o territorio bretón en oito bailías: León, Kernev, Landreger, Penteur, Gwened, Naoned, Roazhon e Sant Malou. En 1309 tamén convocaría por primeira vez os Estados Xerais de Bretaña, predecesores do futuro parlamento bretón, no que, por primeira vez na historia "francesa", o chamado "Terceiro Estado" tiña a súa propia representación. Baixou os impostos ao clero.

Morreu o 27 de agosto de 1312 no Castelo de L'Isle e foi enterrado nos Frades Menores de Vannes nunha tumba de mármore que se fixo construír e que foi vandalizada durante a revolución. Os restos, empregados para pavimentar unha estrada, foron recuperados e hoxe en día están expostos ao público.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casado en 1275, en Tours, con María de Limoges (1260 - 1290), a vizcondesa de Limoges, filla e herdeira de Guido VI, vizconde de Limoges e Margarida de Borgoña (falecida en 1277), tivo tres fillos:

Artur casou de novo en maio de 1294, esta vez con Iolanda ou Violant de Dreux (tamén chamada Iolanda de Montfort) (1263 - 1330), raíña viúva de Escocia (esposa de Alexandre III de Escocia) condesa de Montfort, filla de Roberto IV, conde de Dreux e de Braine, e de Beatriz de Montfort, condesa de Montfort. Tiveron seis fillos:

  1. Xoán (1294 - 1345), conde de Montfort; pretendente do ducado da Bretaña.
  2. Beatriz da Bretaña (7 de decembro de 1295 - 9 de decembro de 1384), dama de Hédé, casada en 1315 con Guido X de Laval (m. 1347).
  3. Xoana (1296 - 24 de maio de 1364), casada en 1323 con Roberto de Cassel (Roberto de Flandres) (m. 1331), conde de Marle.
  4. Alix da Bretaña (1297-1377) (1297 - 1377), casada con Bucardo VI, conde de Vendôme (m. 1354) e de Castres.
  5. Branca (nada o 18 de xullo de 1300), morta moi nova.
  6. María (1302 - 24 de maio de 1371), relixiosa en Poissy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]