Francisco III da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco III da Bretaña
François III de Bretagne - Dauphin de France.jpg
Nacemento28 de febreiro de 1518
 Amboise
Falecemento10 de agosto de 1536
 castel of Tournon
Causatuberculose
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónPríncipe da Coroa
PaiFrancisco I de Francia
NaiCláudia de França
IrmánsMadalena de Valois, Margarida de Valois, Duquesa de Berry, Carlota de França, Charles II d'Orléans e Henrique II de França
editar datos en Wikidata ]
Brasón do delfín francés, Francisco, duque da Bretaña




cuartado no 1 e 4, contracuartado no 1 e 4 de azur con tres flores de lirio de ouro e no 2 e 3 de ouro con delfín de azur, con crista, barba, cola, pel e orella de goles; no 2 e 3, contracuartado no 1 e 4 de azur con tres flores de lirio de ouro e no 2 e 3 de armiño

Francisco III da Bretaña, tamén coñecido como Francisco de Francia, nado no castelo de Amboise o 28 de febreiro de 1518 e finado no castelo de Tournon o 10 de agosto de 1536, foi o fillo máis vello do rei francés Francisco I de Francia e Claudia de Francia, duquesa da Bretaña e raíña consorte de Francia. Era neto do conde Carlos I de Angulema e Luísa de Savoia, e por liña materna do rei Luís XII de Francia e da duquesa Ana da Bretaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo maior do rei, foi titulado delfín de Francia ao seu nacemento, converténdose no herdeiro do reino de Francia. Á morte da súa nai en 1524, foi proclamado duque da Bretaña pero nunca gobernou, xa que o usufruto do ducado era exercido polo seu pai. Coroado Duque da Bretaña como resultado da unión do Ducado da Bretaña no Reino de Francia en 1532, Francisco morreu prematuramente en 1536. As causas da súa morte foron obxecto de polémica; Oficialmente foi envelenado por orde de Carlos V, pero a hipótese dunha pleurite é máis amplamente admitida polos historiadores.

Delfín de Francia[editar | editar a fonte]

Francisco de Francia Infante - Pintura de Jean Clouet

O 28 de febreiro de 1518, a raíña de Francia Claudia trouxo ao mundo o seu primeiro fillo. Chamado Francisco, como o seu pai, o rapaz recibiu o título de delfín como herdeiro do reino.

En 1518, entón recentemente nado, no marco do Tratado de Londres, foi prometido para casar con María I de Inglaterra, de 2 anos, filla de Henrique VIII de Inglaterra.

Herdeiro do Ducado da Bretaña á morte da súa nai, a duquesa Claudia en 1524, os Estados da Bretaña discutiron inicialmente o seu título (que segundo o contrato de matrimonio de Ana da Bretaña e Luís XII debería volver ao seu fillo menor) e a Francisco I a facultade de llo conferir. Baixo a presión do rei, acabaron por recoñecelo como duque polo Tratado de Unión da Bretaña a Francia en 1532.

En 1525, Francisco I perdeu a batalla de Pavía e foi feito prisioneiro por Carlos V. O rei non puido volver ao seu reino máis que deixando a Castela dous reféns: os príncipes reais Francisco e Henrique, que seguiron residindo alí durante catro anos, desde 1526 ata 1530.

Duque da Bretaña[editar | editar a fonte]

Ao día seguinte da publicación do edicto de unión en Nantes, no transcurso de coloridos festexos, Francisco foi coroado duque da Bretaña en Rennes o 14 de agosto de 1532. Despois de ter sido desposuído do colar da Orde de San Miguel, foi decorado co colar da orde do Armiño. O bispo Yves Mahyeuc entregoulle entón a espada dos duques, bendiciu a coroa de ouro e púxolla na cabeza. Así equipado, Francisco III foise sentar no trono e pronunciou o xuramento en bretón e francés. As poucas iniciativas do mozo duque Francisco III respecto dos seus novos asuntos desagradaron tanto ao rei que o afastou da Bretaña. Non volveu gobernar nunca o seu ducado cuxo usufruto era exercido polo seu pai.

Morte[editar | editar a fonte]

Francisco III, de Corneille de Lyon.

A finais de outubro de 1535, o duque de Milán, Francisco II Sforza, faleceu sen herdeiro. Francisco I considerou que a súa mellor oportunidade para obter o ducado vacante era negociar un intercambio de territorios. Por iso decidiu apoderarse de Savoia, sabendo que Carlos V, o seu principal rival en Milán, non podería abandonar facilmente ao seu cuñado o duque de Savoia. Apoiándose nas pretensións da súa nai Luísa de Savoia, penetrou ata o Piemonte, daquela neutralizado por un grave conflito con Berna e Xenebra. Envía á fronte das súas tropas ao delfín Francisco e ao príncipe Henrique, duque de Orléans, para non atacar directamente aos milaneses.

En agosto de 1536, Francisco tivo un malestar despois de beber un vaso de auga; o duque morreu algúns días despois o 10 de agosto de 1536 no castelo de Tournon. Tiña dezaoito anos, non se casara e non tiña descendencia nin lexítima nin ilexítima. O seu irmán Henrique II de Francia sucedeuno como delfín e duque da Bretaña.

Causa da morte[editar | editar a fonte]

Como a miúdo nas mortes sen causa aparente, naquel momento circulaban moitos rumores para evocar un posíbel envelenamento, que os historiadores xulgan actualmente como pouco probábel[1]. Esta morte atribuíuse en principio a un cabaleiro piemontés da súa comitiva, o conde Sebastiano de Montecuculli[2] comisario de Carlos V, quen presentara ao duque, a petición súa, un vaso de auga fresca durante unha partida de palma (antecedente da pelota vasca), en Tournon. Francisco I, convencido de que o seu herdeiro fora envelenado por ordes de Carlos V, fíxolle prender o conde que trouxera o vaso de auga. Este foi considerado culpábel, condenado a morte e descuartizado en Lyon, en presenza de Francisco I e a corte. Os anacos do seu corpo foron pendurados nas catro portas da cidade.

Outros rumores atribúen a morte de Francisco de Francia aos Medici. Dado que o delfín non estaba casado nin prometido, a familia de Catarina de Medici, esposa de Henrique II de Francia, segundo fillo de Francisco I, só tiña que eliminar a Francisco para que Catarina accedese ao trono de Francia.[1] Algúns dixeron que Francisco tería morto despois dunha esgotadora noite de amor con Mademoiselle de L'Estrange, a súa amante [3].

Este suceso foi un dos máis tristes e máis escuros do reinado de Francisco I. A tese da morte natural por pleurite, contraída nas insalubres fortalezas castelás cando fora refén de Carlos V, segue sendo a máis admitida.[4][1] Este suceso é evocado polo poeta François de Malherbe no seu consolo a Mr. Du Perrier pola morte da súa filla[5], nos versos "Francisco, cando Castela, desigual nas súas armas, lle roubou o seu delfín, parece ter que verquer bágoas dun tan gran golpe, que non tivesen fin". Estes versos de Malherbe poñen por diante a tese do asasinato baixo as ordes de Carlos V.

Xenealoxía simplificada[editar | editar a fonte]

Carlos V
(1338-1380)
Rei
(1364-1380)
 

Xoana de Borbón
(1337-1378)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos VI
(1368-1422)
Rei
(1380-1422)
 

Isabel de Baviera
(1371-1435)

Luís I de Orleans
(1372-1407)
 

Valentina Visconti
(1368-1408)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos VII
(1403-1461)
Rei
(1422-1461)
 

María de Anjou
(1404-1463)

Carlos de Orleans
(1394-1465)
 

María de Clèves
(1426-1487)

Xoán de Orleans
(1400-1467)
 

Margarida de Rohan
(nc-1496)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Luís XI
(1423-1483)
Rei
(1461-1483)
 

Carlota de Savoia
(1440-1483)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos VIII
(1470-1498)
Rei
(1483-1498)
 

Ana da Bretaña
(1477-1514)
 
Luís XII
(1462-1515)
Rei
(1498-1515)

Luísa de Savoia
(1476-1531)
 

Carlos de Angulema
(1459-1496)
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Claudia
(1499-1524)
 
 
 
 
 
Francisco I
(1494-1547)
Rei
(1515-1547)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Luísa
(1515-1518)

Carlota
(1516-1524)

Francisco
(1518-1536)
Henrique II
(1519-1559)
Rei
(1547-1559)

Magdalena de Francia
(1520-1537)

Carlos
(1522-1545)

Margarida
(1523-1574)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pierre-Louis Roederer, Pierre Antoine Noël Bruno Daru (comte), Louis XII i François 1r: ou Mémoires pour servir à une nouvelle histoire de leur règne, Volum 2, 1825
  2. Jules-antoine Taschereau Revue rétrospective, ou bibliothèque historique, Volums 2-3, 1835
  3. Le Roux de Lincy, Recueil de chants historiques français depuis le s. XIIe jusqu'au s. XVIIIe, Volum 2, 1842
  4. Voltaire Dicionario filosófico, 1838
  5. François de Malherbe Consolación ao Sr. Du Perrier pola morte da súa filla

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]