Francisco II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco II
Francisco II, Duque da Bretanha
Vitral dos Cordeleiros de Nantes: François II, duque da Bretaña, en oración.
Duque de Britânia
Reinado 26 de decembro de 1458 - 9 de setembro de 1488
Coroación 3 de fevereiro de 1459
Predecesor Artur III da Bretaña
Sucesor Ana, duquesa da Bretaña
 
Nacemento 23 de xuño de 1433
  Château de Clisson, Clisson
Morte 9 de setembro de 1488 (55 anos)
  Couëron
Sepultado en Catedral de Nantes
Esposas Margarida da Bretaña

Margarida de Foix
Descendência Xoán, Conde de Montfort

Ana, Duquesa da Bretaña

Isabel da Bretaña
Casa Casa de Dreux-Montfort
Pai Ricardo, Conde de Étampes
Nai Margarida de Orleáns
Relixión Catolicismo
Brasón

Francisco II (en bretón: Frañsez II; en francés: François II) nado o 23 de xuño de 1435 e finado o 9 de setembro de 1488, foi duque da Bretaña desde 1458 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Era fillo de Ricardo, conde de Étampes, e de Margarida de Orleáns. Pola súa banda paterna, era neto do duque Xoán IV da Bretaña. Pola súa parte materna, era neto de Lois, duque de Orleans, e bisneto do rei Carlos V de Francia.

En 1458, sucedeu ao seu tío Artur III como duque da Bretaña.

Mecenas das artes e das ciencias[editar | editar a fonte]

Era un soberano adiantado ao seu tempo: gustáballe a literatura, a pintura e a escultura; fundou escolas e universidades como a Universidade de Nantes; estimulou o comercio e fixo que tapeceiros e artistas flamengos (véxase Pintura flamenga primitiva) se instalasen na capital do ducado, Nantes, onde os seus tapices pronto se popularizaron. Dise del que era moi dado a festexos.[1]

Política[editar | editar a fonte]

Durante a minoría de Carlos VIII de Francia, Francisco II aliouse co duque de Orleáns e co conde de Angulema contra a rexencia de Ana de Beaujeu. Porén, ao intervir na política da súa veciña Francia, descoidou o seu propio dominio. As accións corruptas e opresivas do seu primeiro ministro, Pierre Landais, provocaron unha gran revolta, que foi apoiada por Ana e Carlos, que estaban ansiosos por vingarse de Francisco II. Sen a axuda dos seus aliados tradicionais, os ingleses, que estaban implicados nas Guerras das Rosas, Francisco viu o seu ducado devastado e Landais aforcado polo pobo enfurecido no que se coñeceu como a Guerra Tola ( Le Guerre Folle). Aínda sen Landais no poder, os británicos seguían desconfiando do seu soberano. Porén, en 1486, os Estados da Bretaña confirmaron a filla de Francisco Ana como sucesora do goberno, para garantir a independencia de Francia.

O tratado de Chateubriant, asinado en 1487 con Francia, reafirmou a independencia da Bretaña, pero Francia continuou obstaculizando o ducado. Francisco aliouse entón con Maximiliano I de Habsburgo, rei dos romanos, contra Francia; con todo, a Bretaña foi derrotada na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier e Francisco viuse obrigado a asinar un acordo coa Paz de Verger. Segundo os termos do tratado, o duque viuse obrigado a someterse a si mesmo e ao seu ducado como vasalo ao rei de Francia.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Francisco morreu ao ano seguinte, debido ás consecuencias dunha caída do seu cabalo, no Château de Couëron, onde se retirara coa súa familia, fuxindo da peste, que asolaba Nantes. Despois da súa morte, Carlos VIII invadiu a Bretaña e obrigou á herdeira Ana a casar con el, co que conseguiu o control do ducado.

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

Tumba de Francisco II.

Francisco casou dúas veces.[1] O 15 de novembro de 1455, en Vannes, casou coa súa curmá Margarida da Bretaña, e tiveron un fillo, pero este morreu no primeiro mes da súa vida:

O matrimonio foi infeliz e Francisco mantivo unha relación sentimental con Antoinette de Mainelais, que fora amante de Carlos VII de Francia, con quen tivo dous fillos:

En 1469, Margarida da Bretaña morreu de tuberculose.

O 27 de xuño de 1471, en Clisson, Francisco casou con Margarida de Foix, princesa de Navarra, e tiveron dúas fillas:

Margaret morreu dous anos antes que o seu marido.

Predecesor:
{{{predecesor}}}
 Brasón de Francisco II da Bretaña
Duque da Bretaña
 
{{{período}}}
Sucesor:
{{{sucesor}}}

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Las relaciones mercantiles y marítimas de los vascos con el ducado de Bretaña durante los siglos XIII-XV". www.ingeba.org (en castelán e inglés). Consultado o 2022-07-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.