Havoisa da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Havoisa da Bretaña
Hvaiza.jpg
Nacemento1037
Lugar de nacementoRennes
Falecemento19 de agosto de 1072
Ocupaciónpolítica
PaiAlan III da Bretaña
NaiBertha of Blois
CónxuxeHoel II da Bretaña
FillosAlan IV da Bretaña e Mathias II de Bretagne
IrmánsConan II da Bretaña, Herberto II do Maine e Paula of Maine
Na rede
WikiTree: Bretagne-103
editar datos en Wikidata ]

Havoisa da Bretaña ou Hawisa da Bretaña en bretón Hawiz Breizh, nada en Rennes en 1027 e finada o 19 de agosto de 1072, era filla do duque Alan III da Bretaña e irmá do duque Conan II da Bretaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou antes do 1058 co conde Hoel de Cornualla, tamén coñecido como Hoel V de Nantes, ao que aportou os dereitos ao ducado da Bretaña á morte do duque Conan II o 11 de decembro de 1066: a casa de Rennes traspasou o ducado á casa de Cornualla. Foi a duquesa titular entre 1066 e 1072, mentres que o seu marido Hoel era duque de iure uxoris (por dereito da súa muller). Despois da súa morte en 1072, Hoel seguiu no goberno como rexente en nome do seu fillo Alan IV da Bretaña, ata a súa morte en 1084; entón o fillo subiu ao seu trono.