Constanza da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constanza da Bretaña
Duquesa da Bretaña
Portrait of Mrs Siddons as Constance in King John (4673471).jpg

Reinado11661201
Nacementocirca 1161
Falecemento5 de setembro de 1201
Nantes
SepulturaAbadía de Villeneuve, Nantes
PredecesorConan IV da Bretaña
SucesorArtur I da Bretaña
Cónxuxe/sGodofredo II (m. 1181; dec. 1186)
Ranulfo de Blondeville (m. 1188; ann. 1198)
Guido de Thouars (m. 1199)
DescendenciaLeonor da Bretaña
Matilde da Bretaña
Artur I da Bretaña
Alix de Thouars
Catarina de Thouars
ProxenitoresConan IV da Bretaña
Margarida de Huntingdon

Escudo de Constanza da Bretaña
Na rede
WikiTree: Penthièvre-9

Constanza de Penthièvre (en bretón: Konstanza Penture, ou Konstanza Breizh), nada c. 1161 e finada o 5 de setembro de 1201, foi duquesa hereditaria da Bretaña entre 1166 e 1201, e a condesa hereditaria de Richmond entre 1171 e 1201. Constanza era a filla de Conan IV, duque da Bretaña e conde de Richmond, e da súa esposa Margarida de Huntingdon, condesa de Herford, irmá dos reis Malcolm IV e Guillerme I de Escocia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Constanza, Conan IV, reunira o Ducado da Bretaña en guerras con Henrique II de Inglaterra. Despois das guerras con Henrique II, Conan IV enfrontou rebelións dalgúns nobres bretóns. Fixo unha chamada de axuda a Henrique II para sufocar as rebelións. En 1166, como parte do seu acordo con Henrique II, en troques da axuda do rei, Conan IV prometera á súa filla e única herdeira, para casar con Godofredo Plantagenet, o cuarto fillo lexítimo de Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania, e abdicou no seu favor. Henrique II tomou baixo a súa custodia á nena, e administrou a Bretaña ata que o seu fillo Godofredo tivese a suficiente idade para gobernar o ducado.

En 1181, con vinte anos de idade, Constanza foi obrigada a contraer matrimonio con Godofredo Plantagenet. En 1186, Godofredo foi pisado até a morte nun accidente de equitación durante un torneo en París. Constanza, a partir de entón converteuse na gobernante titular da Bretaña, aínda que tivo que soportar as inxerencias inglesas na Bretaña.

Porén, o 3 de febreiro de 1189, Henrique II de Inglaterra arranxou que Constanza casase con Ranulfo de Blondeville, 6° conde de Chester, un dos máis poderosos condes de Inglaterra. En 1191 o rei Ricardo I de Inglaterra proclamou oficialmente ó seu sobriño, Artur da Bretaña, o fillo de Constanza, como o seu herdeiro nun tratado asinado con Filipe II de Francia.

Para promover a posición e a herdanza do seu fillo Artur, Constanza incluíuno no goberno do ducado en 1196. O matrimonio de Constanza con Ranulfo deteriorouse, cando Ranulfo encarcerou a Constanza no mesmo ano. Con Constanza prisioneira, varias rebelións foron provocadas na Bretaña no seu nome. Ranulfo cedeu á crecente presión e tivo que liberar á duquesa en 1198. De regreso na Bretaña, Constanza tiña o seu matrimonio anulado.

Máis tarde, en 1199 en Angers, Constanza tomou a Guido de Thouars como o seu seguinte esposo.

Entre 1199 e o momento da súa morte, no parto das súas fillas xemelgas, Constanza aconsellou ó seu fillo cara a unha alianza con Francia, seguindo a política do seu defunto esposo Godofredo II.