Alan III da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan III da Bretaña
Duque da Bretaña
Alan III of Brittany (icon).jpg

Reinado1008 - 1040
Outros títulosConde de Rennes
Nacemento997
?
Falecemento1 de outubro de 1040
Vimoutiers, Ducado de Normandía
PredecesorGodofredo
SucesorConan II
ConsorteBerta de Blois
DescendenciaHavoisa
Casa realCasa de Normandía
ProxenitoresGodofredo
Havoisa de Normandía

Na rede
WikiTree: Bretagne-18

Alan, ou Alano III de Rennes, nado en 997 e finado o 1 de outubro de 1040, foi un nobre normando que foi conde de Rennes e duque da Bretaña entre 1008 e 1040.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Alan era fillo do duque Godofredo I e da súa esposa Havoisa de Normandía,[1]

Sucedeu ao seu pai en 1008,[2] porén, tendo en conta de que era menor de idade, a súa nai exerceu a rexencia,[3] mentres que o seu irmán Ricardo II de Normandía asumiu a tutela do ducado da Bretaña.[4]

En 1010 unha gran rebelión campesiña, que se estendeu desde o ducado de Normandía ao da Bretaña, puxo en serio risco a rexencia de Havoisa, que animou ao seu fillo para que levara aos nobres a esmagar a rebelión.[5]

Conflito con Roberto I de Normandía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Roberto I de Normandía.

En agosto de 1027, cando Roberto I de Normandía tomou o poder no seu país, ao parecer Alan, primo seu, aproveitou a conmoción resultante para sacar a Bretaña da soberanía normanda.[4] A principios da década de 1030, Roberto atacou con éxito a cidade de Dol e Alan, en resposta, invadiu o Avranchin, ataque que foi rexeitado, pero que non foi o último, xa que continuaron as incursións dun e doutro lado.[6]

Despois de que Roberto levara a cabo unha invasión por terra e por mar, Roberto de Évreux, arcebispo de Ruán e tío de ambos os dous primos conseguiu unha tregua entre os seus dous sobriños, en Le Mont-Saint-Michel, onde Alan xurou fidelidade a Roberto.[7] Cando este partiu cara a Terra Santa (principios de 1035), designou ao seu primo Alan como un dos gardiáns de seu fillo Guillerme[8]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En 1037, á morte do arcebispo de Ruán, Roberto, o goberno de Normandía quedou en mans de Alan e o seu primo Xilberto de Brionne,[9] que designaron para a sede vacante ao arcebispo Mauger de Ruan, tratando de gañar o apoio deste para o duque Guillerme.[9]

O 1 de outubro de 1040, mentres asediaba un castelo rebelde en Vimoutiers, Ducado de Normandía, Alan morreu de repente.[9] Segundo Orderico Vita, foi envelenado por normandos.[10] Non moito despois, Xilberto de Brionne tamén foi asasinado mentres cabalgaba cuns amigos.[9]

Familia[editar | editar a fonte]

En 1018 Alan casou con Berta de Blois, de quen tivo dous fillos:[1]

  • Conan II, duque da Bretaña
  • Havoisa, duquesa da Bretaña.

Despois do 14 de maio de 1046, a súa viúva casou en segundas nupcias con Hugo IV de Maine.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Schwennicke, Tabla 75.
  2. Piette, p. 38.
  3. The Gesta Normannorum Ducum, pp. 14-15.
  4. 4,0 4,1 Neveux, p. 108.
  5. Palgrave, pp. 168-169.
  6. Crouch, p. 50.
  7. The Gesta Normannorum Ducum, p. 78-79.
  8. Orderico Vital, p. 161.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Crouch, p. 61.
  10. Orderico Vital, p. 74.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Crouch, David. The Normans. Hambledon Continuum, Nova York, 2007.
  • Orderico Vital. The Ecclesiastical History of England and Normandy, Trans. Thomas Forester, Vol. II. Henry G. Bohn, Londres, 1854.
  • Palgrave, Francis. The History of Normandy and England, Vol. III. Macmillan & Co. Londres, 1864.
  • Piette, Gwenno. A concise History of Brittany. University of Wales Press, Cardiff, 2008.
  • Schwennicke, Detlev. Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band II. Verlag von J. A. Stargardt, Marburgo, 1984.
  • The Gesta Normannorum Ducum of William of Jumieges, Orderic Vitalis, and Robert of Torigni, Vol. II. Ed. e trad. Elisabeth M. C. Van Houts. The Clarendon Press, Oxford e Nova York, 1995).
Predecesor:
Godofredo I
Duque da Bretaña
10081040
Sucesor:
Conan II