Ivo de Kermartin
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1253 (Gregoriano) ![]() Pazo de Kermartin, Francia ![]() |
Morte | 19 de maio de 1303 (Gregoriano) ![]() Louannec, Francia ![]() |
Vigairo xudicial | |
1284 – | |
Vigairo xudicial arcediago | |
1280 – ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Antiga Universidade de Orleáns Universidade de Orleáns ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presbítero, avogado, xuíz ![]() |
Orde relixiosa | Terceira orde de San Francisco e ordes franciscanas ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 19 de maio ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() The Nuttall Encyclopædia >>>:Yves ![]() |
![]() |
Santo Ivo de Kermartin (en francés: Yves Hélory de Kermartin, e bretón: Erwan Helouri a Gervarzhin), nado en Kermartin o 17 de outubro de 1253 e finado en Louannec o 19 de maio de 1303, foi un santo bretón, e patrón dos avogados e dos nenos abandonados na Bretaña (independente neses tempos) cando reinaba o duque Xoán I da Bretaña. Santo Ivo é tamén o santo patrón da Bretaña. A súa festa celébrase o 19 de maio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha aldea próxima a Tréguier. Era fillo de Helori, señor de Kermartin, e Azo de Kenquis. En 1267 Ivo foi enviado á Universidade de París, onde se graduou en Dereito. De París pasou a Orleáns en 1277 para estudar Dereito canónico. Ao seu retorno á Bretaña e recibindo as ordes menores foi designado "oficial", o título dado a un xuíz eclesiástico, do archidecanato de Rennes (1280); mentres tanto estudou as Sacras Escrituras, e hai fortes razóns para crer que algún tempo despois uniuse á Terceira orde de San Francisco en Guingamp.
Foi convidado do Bispo de Tréguier para pasar a ser o seu oficial, aceptando o ofrecemento en 1284. Mostrou gran celo e rectitude no desempeño dos seus deberes e non desistiu na resistencia á inxusta fiscalidade do rei, que consideraba unha violación dos dereitos da Santa Igrexa. Pola súa caridade, gañouse pronto o título de avogado dos pobres. Sendo xa ordenado foi designado á parroquia de Tredrez no ano 1285 e oito anos máis tarde a Louannec, onde faleceu de morte natural, tras unha vida de traballo duro e constante xaxún.[1]
Veneración
[editar | editar a fonte]
Foi enterrado en Tréguier, e foi canonizado en xuño de 1347 por Clemente VI, a súa festa segue sendo celebrada o 19 de maio.[1] É un dos considerados patróns dos avogados. Na súa tumba foi inscrito en latín:
SANCTVS IVO ERAT BRITO/ ADVOCATUS ET NON LATRO/ RES MIRANDA POPULO.
A súa tradución aproximada é: "Santo Ivo era bretón/ Avogado e non ladrón/ Marabilla para o pobo". A tradución literal, é un chascarrillo que se refire ao feito de que naquela época os avogados tiñan fama de ladróns. A Igrexa de Sant'Ivo alla Sapienza en Roma está dedicada a el. Poeticamente coñéceselle como "o avogado dos pobres".
Iconografía
[editar | editar a fonte]Adóitaselle representar cunha bolsa na súa man dereita (representando o diñeiro que repartiu entre os pobres en vida) e un rolo de papel na outra polo seu cargo de xuíz. Outra representación bastante común é a que lle mostra entre un home rico e un pobre.