Drogón da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Drogón da Bretaña
Nacemento950
Falecemento958
Lugar de falecementoAngers
Ocupaciónaristócrata
PaiAlan II Duque da Bretaña
NaiAdelaide of Blois
IrmánsGerberge of Nantes, Hoël I da Bretaña e Guerech da Bretaña
Na rede
WikiTree: Poher-6
editar datos en Wikidata ]

Drogón da Bretaña foi conde de Nantes e duque da Bretaña de 952 a 958.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Drogón (ou Dreux), era o único fillo lexítimo de Alan II Barbitorte e Roscila de Blois, irmá do conde Teobaldo I de Blois. Á morte prematura do seu pai sucedeuno como conde de Nantes e duque da Bretaña (952), cando só tiña dous anos. A súa tutela estivo asegurada polo seu tío Teobaldo I de Blois, que pronto fixo casar en segundas nupcias a súa irmá Roscila co conde Fulque II de Anjou.

O poder sobre a Bretaña foi compartido entón: Fulque recibiu o control do condado de Nantes e a garda do neno duque, mentres Teobaldo conservaba o dominio feudal sobre o norte da Bretaña pero delegaba a administración desta rexión, moi lonxe do seu dominio propio, aos seus dous aliados: o conde Juhel Berengario de Rennes que se declarou seu vasalo, e Jutohen, arcebispo de Dol.

Brutal foi a desaparición, quizais por envelenamento[1], de Drogón sobre 958 en Angers, na que, segundo a Crónica de Nantes, algúns viron a man de Fulque II de Anjou, xa que este tomou o control de Condado de Nantes desde o 958 ata a súa morte en 960, cando os nanteses chamaron ao goberno a Hoel I e, tras a súa morte, a Guerech, bispo da mesma cidade, ambos os dous fillos de Alan II Barbitorte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Crónica de Nantes, páxinas 109-110, indica que a súa aia o tería escaldado durante o baño por orde de Fulque II de Anjou

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • A vida de Drogón é coñecida esencialmente pola Crónica de Nantes recompilada no século XI e accesíbel en Gallica, presentada e anotada por René Merlet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre: La Bretagne féodale s. XIe-XIIIe. Éditions Ouest-France, Université Rennes (1987) ISBN 27-37300-14-2.
  • Noël-Yves Tonnerre: Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du s. VIIIe à la fin du s. XIIe, Presses de l'Université d'Angers Angers (1994) ISBN 2-903075-58-9.