Xoán II da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán II da Bretaña
Jean II de Bretagne.png
Nacemento3 de xaneiro de 1239
Falecemento18 de novembro de 1305 e 16 de novembro de 1305
 Lión
SoterradoChurch Saint-Armel in Ploërmel
NacionalidadeReino de Inglaterra
Relixióncristianismo
PaiJoão I, Duque da Bretanha
NaiBranca de Navarra
CónxuxeBeatriz de Inglaterra
FillosArtur II da Bretaña, Marie of Brittany, Countess of Saint-Pol, John of Brittany, Earl of Richmond, Branca da Bretanha, Eleanor of Brittany, Henry de Dreux e Pierre de Dreux, Comte de Léon
IrmánsAlice da Bretanha (1243–1288)
editar datos en Wikidata ]

Xoán II da Bretaña,[1] nado o 3 ou 4 de xaneiro de 1239 e finado o 16 de novembro de 1305 en Lión, foi duque da Bretaña (1286 - 1305), conde de Richmond (1268 - 1305) e par de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acompañou ao seu pai, Xoán I, e Luís IX de Francia á Oitava Cruzada, que terminou coa morte do rei en 1271 en Tunes. Mentres seu pai regresaba á Bretaña, foi a Palestina, probabelmente coa cruzada de Eduardo I de Inglaterra, o seu cuñado.

En 1285, acompañou ao rei Filipe III de Francia o intrépido, na guerra contra o rei catalán Pedro o Grande (cruzada de Aragón). Cuñado do rei de Inglaterra, o seu segundo fillo Xoán foi nomeado por este como capitán xeral de Aquitania e defendeu esta provincia contra o exército do rei de Francia, dirixido por Carlos I de Valois. Xoán só experimentou derrotas. Os ingleses que intentaban avituallárense en Bretaña cometeron pillaxes tras pillaxes, o que levou ao duque a romper a súa alianza co rei de Inglaterra. Casou o seu neto, o futuro Xoán III da Bretaña, con Isabel, a filla de Carlos de Valois, e converteuse en par de Francia en 1297 polo rei Filipe IV de Francia, que tiña espías a través dos bispos, actuando de feito contra os templarios.

De 1297 a 1304, uniu a súa bandeira coa do rei de Francia na súa loita contra os flamengos; é mencionado na batalla de Mons-en-Pévèle, nos dous asedios de Lille e noutras batallas.

En 1305, logo da paz, dirixiuse a Lión para a consagración do papa Clemente V co fin de resolver os seus conflitos co episcopado bretón. De volta da igrexa de Saint-Just de Lión, cando o duque levaba a brida da mula pontificia, un muro sobre o que estaba situada unha gran multitude de espectadores se derrubou, alcanzando ao pontífice e enterrando a Xoán II. Atopárono moribundo e expirou catro días despois, o 16 de novembro. O seu corpo foi colocado nun cadaleito de chumbo e levado ao seu ducado para ser enterrado nos carmelitas de Ploërmel, que fundara. A estatua xacente do duque, así como a de Xoán III da Bretaña, serán trasladadas á Igrexa de Saint-Armel en 1821.

Durante o seu mandato destacou o eminente xurista Erwan Helouri (1253-1303), máis coñecido como San Ivo de Kermartin (en francés Saint Ives ), desde que foi canonizado en 1347, ao que actualmente consideran patrón os avogados e notarios.

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo de Xoán I o Roxo, duque da Bretaña e de Branca de Navarra (morta en 1283), en novembro de 1260 casou, na basílica de Saint-Denis, con Beatriz de Inglaterra (1242 - 1275), filla do rei Henrique III de Inglaterra, que o dotou do condado de Richmond. Tiveron seis fillos:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]