Gourmaelon da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gourmaelon da Bretaña
Nacementoséculo VIIIxuliano
Falecemento913
EtniaPobo bretón
editar datos en Wikidata ]

Gourmaelon de Bretaña foi conde de Cornualles e príncipe da Bretaña desde 908 a 913. Gourmaëlon é a forma moderna do nome dun dos personaxes máis escuros da historia medieval de Bretaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu patronímico orixinal, que quizais era un alcume, foi probabelmente Uumaelon ou Wrmaëlon, que se converteu en Gurmhailon e logo Gourmaëlon. O lingüista celtizante Joseph Loth supuxo dous sentidos a este nome "o das cellas marróns" ou "o príncipe, o xefe".

Parece que tiña a honra de Cornualles co título de conde (comes) ao final do reinado de Alan I da Bretaña[1] e que despois da morte deste no 907 aproveitou a rivalidade entre os seus herdeiros, fillos e xenros, para reinar na Bretaña sen levar o título de rei, tendo unha autoridade máis nominal que real[2].

Mencións históricas[editar | editar a fonte]

O seu reinado só é coñecido pola súa participación nalgúns actos públicos onde normalmente só aparece como un simple testemuña[3]. Chámase Gurmahilon regnante Britanniam[4] nunha doazón feita ao mosteiro de Plélan dunha parte de Elven polo conde Tangi o seu afillado Derrien, respectivamente xenro e fillo de Alan o Grande[5].

Nunha concesión do 25 de outubro de 913 confirmada o 28 de outubro, en Redon, aparece denominado como Gurmahilon comitem qui tunc monarchiam Britanniae regebat[6]. Subscribiu este acto como testemuña despois do bispo Bili de Vannes, Mathuedoi de Poher, outro fillo de Alan, e co seu fillo Daniel que leva un nome xa mencionado antes na lista dos condes de Cornualles no Cartulario da Abadía de Landévennec [7]: «Gurmhailon, comes testis, Deniel, filius ejus, testis ».

A súa morte a finais do mesmo ano tivo lugar seguramente nun combate contra os normandos e parece ser obxecto dunha entrada no Manuscrito 476 da biblioteca de Angers chamado Anecdota novissima: Ano DCCCCXIII Guuormaelon oc[cissus est[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uurmaelon comes Cornubia segundo o Cartulario de Landévennec, carta XXIV De Aeccleia Sanctus pp. 154 & 155
  2. Henri Poisson e Jean-Pierre Le Mat, Histoire de Bretagne, Coop Breizh, 2000 ISBN 978-2-84346-091-3
  3. Cartulario de Redon Carta CCLXXVII do 9 de novembro de 909
  4. Gurmahilon, reinante en Bretaña.
  5. Cartulario de Redon Carta CCLXXIX do 27 de novembro de 910
  6. O conde Gurmahilon que daquela rexía a monarquía de Bretaña.
  7. Cartulario de Redon Carta CCLXXVI do 25 de outubro de 913
  8. No ano 913 Guuormaelon mo[rreu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle : Mémoire, pouvoirs, noblesse, Rennes, Presses universitaires de Rennes, 2002, 2a ed. (ISBN 2-86847-743-7)
  • Arthur de La Borderie, La chronologie du cartulaire de Redon, Rennes, Oberthur, 1901, pàgs. 54 a 56