Mato Groso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mato Groso
Mato Grosso
Bandeira de Mato Groso
Escudo de Mato Groso
Bandeira Escudo
Mato Grosso in Brazil.svg
Himno: Hino de Mato Grosso
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital Cuiabá
 • Poboación 575 480 (2014)
Lingua oficial Portugués
Forma de goberno Estado
Gobernador
Silval da Cunha Barbosa (PMDB)
Fundación 1889
Superficie Posto 3º
 • Total 903.357 km²
 • % auga n/d
Fronteiras n/d km
Costas 0 km
Poboación Posto 19º
 • Total 3 115 336 (2012) hab.
 • Densidade 3,4 hab./km²
Xentilicio Matogrosense
Fuso horario BRT-1 (UTC-4)
 • Horario de verán BRST-1 (UTC-3)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-MT
Estados do Brasil

Mato Groso é un estado brasileiro localizado ó oeste da rexión Centro-Oeste. Ten como límites o Amazonas e Pará ao norte; Tocantins e Goiás ao leste; ao sur Mato Groso do Sur; e o estado de Rondonia e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 906.806,9 km². A súa capital é Cuiabá. As principais cidades són: Cuiabá, Varzea Grande, Juína, Rondonópolis, Sinop, Barra do Garças e Alta Floresta.

Historia[editar | editar a fonte]

Polo Tratado de Tordesillas, o territorio do actual estado de Mato Grosso pertencía á España, pero coa Unión Iberica en 1580 esa exclusividade de dominio español desapareceu. Coa descuberta de ouro en súas terras por bandeirantes (desbravadores) orixinarios de San Paulo o 1718, comezou o poboamento da rexión. En 1719 fundouse a freguesía de Cuiabá, actual capital do estado.

En 1750 co Tratado de Madrid tornouse territorio portugués. Posteriormente o Tratado de Santo Ildefonso confirmou os novos límites dos territorios portugués e español nas Américas, e a rexión de Mato Grosso tornouse definitivamente portuguesa.

Coa independencia do Brasil o 1822 a rexión tornouse provincia do Imperio. Posteriormente coa república, tornouse estado. En 1977 a través dunha lei, o sur do estado emancipouse como unidade federativa, tornando-se o estado de Mato Groso do Sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]