Rondonia
| Himno | Hino de Rondônia (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Cândido Rondon (pt) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Capital | Porto Velho | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.581.196 (2022) | ||||
| Lingua usada | Wiraféd (en) Lingua uru-eu-wau-wau Língua jabuti (pt) Língua aicanã (pt) Língua arikapú (pt) Língua ariquém (pt) Oro Win (en) Língua mondé (pt) Língua aruá (pt) Língua ajuru (pt) Língua cinta-larga (pt) Língua tupari (pt) Língua puruborá (pt) Língua zoró (pt) Língua caritiana (pt) Lingua suruí Kepkiriwát (en) Língua kwazá (pt) Língua wariʼ (pt) Língua caxarari (pt) Língua makurap (pt) Língua Acuntsú (pt) Dialeto caripuna (pt) Língua kanoê (pt) Uru-Pa-In (en) Língua mequém (pt) Urumi (en) Língua caro (pt) Dialeto amondaua (pt) Paranawát (en) Língua lakondê (pt) Lingua kagwahiva Língua latundê (pt) Língua tawandê (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 237.765,3 km² | ||||
| Altitude | 277 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 4 de xaneiro de 1982 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | secretariado do governo de Rondônia (pt) | ||||
| • Governador (pt) | Marcos Rocha (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Rondônia (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-RO | ||||
| Sitio web | rondonia.ro.gov.br | ||||
Rondonia (en portugués, Rondônia) é un estado brasileiro da Rexión Norte. Limita ao norte co estado do Amazonas, ao leste o estado de Mato Groso, ao sur e oeste con Bolivia e tamén ao oeste o estado de Acre.
Historia
[editar | editar a fonte]Soamente unhas poucas misións relixiosas existían na rexión do actual estado de Rondonia ata o século XVII. Coa descuberta de ouro no vale do Río Cuiabá no século XVIII, os primeiros exploradores comezaron a explorar tamén o vale do río Guaporé.
O seu poboamento comezou a crecer co ciclo de exploración do caucho, a mediados do século XIX, cando moitos migrantes do Nordeste brasileiro instaláronse na rexión. Outro impulso para o poboamento foi a construción do ferrocarril Madeira-Mamoré, inaugurado o 1907.
En 1943 a rexión tornouse o Território Federal de Guaporé, formado co terras desmembradas dos veciños estados de Amazonas e Mato Groso, e co gobernador nomeado polo Presidente da República. En 1956, o territorio foi bautizado de Rondonia en homenaxe a Cândido Mariano Rondon, militar desbravador da rexión. Despois de 1988, conforme determinou a constitución brasileira, tornouse un estado, pasando a ter o seu gobernador electo directamente pola poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vexetación orixinal de gran parte do estado é a Foresta Amazónica, pero parte dela foi substituída por cultivos durante o final do século XX. Hoxe, gran parte da súa poboación vive en cidades. As máis importantes son: a capital, Porto Velho, con 380 mil habitantes estimados o 2004; e tamén as cidades de Ji-Paraná, Ariquemes, Cacoal e Vilhena. O seu relevo non e moi ondulado: case 94% do seu territorio sitúase entre os 100 e os 600 metros sobre o nivel do mar. O clima é ecuatorial, que non ten propiamente unha estación seca.
Os ríos Madeira, Ji-Paraná, Guaporé e Mamoré son os ríos principais.
A súa economía baséase principalmente na agricultura (café, cacao, arroz, casava (mandioca) e millo son os principais), na extracción de caucho e madeira e na exploración mineral (estaño).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rondonia |
