Río Grande do Norte
| Himno | Hino do Rio Grande do Norte (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Rio Potengi (pt) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Capital | Natal | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.507.003 (2017) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 53.306,8 km² | ||||
| Altitude | 142 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1891 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | secretariado do governo do Rio Grande do Norte (pt) | ||||
| • Governador (pt) | Fátima Bezerra (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Rio Grande do Norte (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-RN | ||||
| Sitio web | rn.gov.br | ||||
Río Grande do Norte é un estado brasileiro localizado na Rexión Nordeste. Limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con Paraíba e ao oeste con Ceará. Ocupa unha superficie de 53.306,80 km². A súa capital é Natal. A súa superficie total é un pouco maior que as da Costa Rica e da Croacia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Máis de 80% do seu territorio presenta unha altitude menor que 300 metros. O seu clima é tropical, pero cunha distinción: na franxa litoral leste é máis chuvioso, e no interior, despois do Planalto da Borborema, é semiárido. Moitos ríos do estado non son perennes, e desaparecen cando dos meses máis secos. Os ríos principais do estado son: Mossoró, Apodi, Assu, Piranhas e Potengi. A capital do estado, Natal, está situada xunto á foz do río Potengi.
Economía
[editar | editar a fonte]Os principais produtos do estado son o petróleo (é o segundo estado brasileiro en produción total) e o sal mariño. Na agropecuaria, destácase a fruticultura irrigada na rexión da Chapada do Apodi, principalmente para exportación. Xa a gandería abastece parcialmente o consumo local.
Na industria, destácase o parque téxtil e a extracción de petróleo cru e gas natural (o estado non ten refinerías). Ata recentemente, pola súa proximidade coa Liña do Ecuador, o estado ten sido peza importante no Programa Espacial Brasileiro. Alí está a base de lanzamento de foguetes meteorolóxicos da Barreira do Inferno, que xa lanzou máis de 2 mil foguetes e globos sonda dende 1965.
Turismo
[editar | editar a fonte]O turismo é unha fonte de renda importante principalmente para a capital do estado, pero tamén para outros municipios do litoral, como São Miguel do Gostoso. O bo tempo atrae turistas brasileiros e estranxeiros ás súas praias. Os paseos de bugre (un automóbil feito co chasis e motor do VW escarabello, rodas largas e sen teito) nas dunas de Genipabú xa son coñecidos ata mesmo fóra do Brasil.
Pero todo isto non é suficiente para garantir a mellora da renda nos municipios máis pobres do interior do estado, que sofren coas secas periódicas, que duran meses seguidos e provocan éxodo rural.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Grande do Norte |
