Papaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papaia, crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía179 kJ (43 kcal)
10.82 g
Azucres7.82 g
Fibra alimentaria1.7 g
0.26 g
0.47 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
6%
47 μg
3%
274 μg
89 μg
Tiamina (B1)
2%
0.023 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.027 mg
Niacina (B3)
2%
0.357 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.191 mg
Ácido fólico (B9)
10%
38 μg
Vitamina C
75%
62 mg
Vitamina E
2%
0.3 mg
Vitamina K
2%
2.6 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
20 mg
Ferro
2%
0.25 mg
Magnesio
6%
21 mg
Manganeso
2%
0.04 mg
Fósforo
1%
10 mg
Potasio
4%
182 mg
Sodio
1%
8 mg
Cinc
1%
0.08 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga88 g
Licopeno1828 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A papaia[1], tamén chamada papaieira[2] ou papaio[3] (Carica papaya) é unha planta da familia Caricaceae, de orixe americana, coñecida e empregada en todo o continente dende hai varios séculos, aínda que hoxe en día se cultiva en moitos países doutros continentes, principalmente, en Asia e África. En México o seu froito, a papaia, era especialmente apreciado na época dos aztecas; en náhuatl coñécese como chichihualtzapotl, que significa "zapote nodriza", e era un froito especialmente relacionado coa fertilidade.

Descrición[editar | editar a fonte]

A planta posúe un tronco sen pólas (malia o que podería inferirse da imaxe incluída na clasificación científica), dunha altura entre 1,8 e 6 m, coroado por follaxe en forma palmada, provisto de longos pecíolos. Conserva, aínda nos espécimes maduros, unha textura suculenta e turxescente, escasamente leñuda; e presenta numerosas cicatrices características, produto do crecemento e caída consecutivas da ramallada superior. O zume é de consistencia leñuda, e tóxico en estado natural para o ser humano, pode producir irritacións alérxicas en contacto coa pel . Este zume leitoso contén un encima moi útil, a papaína[4], empregado como abrandador de carnes: nas grellas ou barbacoas emprégase o zume que xorre o cortar a cortiza da leitosa verde para esparexelo sobre a carne, deixándoa sumamente tenra e zumarenta.

As follas de tipo palmadas posúen longos pedúnculos e lóbulos, medindo as follas até 24 cm de diámetro e os talos arredor de 61 cm de longo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papaia.
  2. Nome vulgar galego da árbore Gran dicionario Século 21 Galego/Castelán-Castelán/Galego, Galaxia, 2006.
  3. Nome vulgar galego da árbore n'Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988 e en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papaína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]