Eleccións Xerais 1871 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

As eleccións xerais de España de 1871 foron convocadas para o 8 de marzo baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras eleccións celebradas durante o breve reinado de Amadeo I, unha vez aprobouse a Constitución de 1869. Exercía a funcións de Presidente do Consello de Ministros no momento Francisco Serrano Domínguez, sucesor político de Juan Prim tralo seu asasinato. Para aproveitar a división existente entre os partidarios do Antigo Réxime (carlistas, monárquicos isabelinos, liberais partidarios de Ramón María Narváez), presentáronse xuntos o Partido Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla, a Unión Liberal de Francisco Serrano e o Partido Democrático de Nicolás María Rivero, encabezados por Serrano. Era unha coalición similar á das eleccións de 1869.

A oposición estaba formada polos federalistas republicanos de Francesc Pi i Margall, os carlistas e o Partido Moderado de Alejandro Mon. En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o progresista Salustiano de Olózaga, que foi substituído o 6 de outubro por Práxedes Mateo Sagasta. O Presidente do Senado foi Francisco Santa Cruz.

O goberno de Serrano durou ata o 24 de xullo, cando foi substituído por Ruiz Zorrilla, quen o 5 de outubro foi substituído por José Malcampo, e este o 12 de decembro por Práxedes Mateo Sagasta, quen ante a situación política inestable convocará eleccións en abril de 1872.

Composición do Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

Francisco Serrano.

Eleccións Xerais en España, 8 de marzo de 1871

Partido Escaños Líder
Coalición Progressista-Liberal 235 Francisco Serrano Domínguez
Partido Republicano Democrático Federal 52 Francesc Pi i Margall
Comunión Católico-Monárquica 51 Cándido Nocedal
Partido Moderado 18 Alejandro Mon y Menéndez
Partido Conservador 9 Antonio Cánovas del Castillo
Partidarios do Duque de Monpensier 9 Antonio de Orleans
Outros 19

Deputados das provincias galegas[editar | editar a fonte]

Eugenio Montero Ríos foi deputado por Pontevedra

Os deputados galegos que resultaron elixidos nestas eleccións foron:[1]

A Coruña[editar | editar a fonte]

Lugo[editar | editar a fonte]

Ourense[editar | editar a fonte]

Pontevedra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]