Augusto Ulloa Castañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto Ulloa Castañón
Nacemento22 de abril de 1823
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de marzo de 1879
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, político e diplomático
editar datos en Wikidata ]

Augusto Ulloa Castañón, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1879, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Dereito Político e Penal na Universidade Central de Madrid, cargo que abandonou para dedicarse ao xornalismo e á política. Afiliouse á Unión Liberal e, logo do triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado por Lugo (1854), A Fonsagrada (1858, 1863, 1864, 1871, 1872 e 1876), A Coruña (1865) e Mondoñedo (1869). Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Participou na Revolución de 1868 e votou a favor de Amadeu I. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]