José Malcampo y Monge
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de xaneiro de 1828 San Fernando, España |
| Morte | 23 de maio de 1880 Sanlúcar de Barrameda, España |
| 18 de xuño de 1874 – 28 de febreiro de 1877 ← Manuel Blanco Valderrama – Domingo Moriones i Murillo (en) | |
| 28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872 Circunscrición electoral: San Fernando | |
| 5 de outubro de 1871 – 21 de decembro de 1871 ← Manuel Ruiz Zorrilla – Práxedes Mateo Sagasta → | |
| 5 de outubro de 1871 – 26 de maio de 1872 ← José María de Beranger y Ruiz de Apodaca – Juan Bautista Topete y Carballo → | |
| 21 de marzo de 1871 – marzo de 1872 Circunscrición electoral: Cádiz (en) | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | diplomático, militar, político, ministro |
| Partido político | Partido Constitucional |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Outro | |
| Título | Vizconde Q6000957 Q5781676 Q118215521 |
José Malcampo Monge, nado en San Fernando (Cádiz) o 13 de xaneiro de 1828 e finado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 23 de maio de 1880, foi un mariño de guerra e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende o seu posto de marino participou na Gloriosa, e, a partir de entón, tomou parte activa na vida política do país. Dentro da súa carreira política, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1871 sucedendo a Manuel Ruiz Zorrilla, sendo simultaneamente, responsable dos ministerios da Mariña e de Estado. En realidade, as Cortes Constituíntes déranlle os seus votos maioritariamente a Práxedes Mateo Sagasta, pero este negouse a aceptar o encargo de goberno e preferiu situarse como xefe do partido constitucional, fronte ao radical Ruiz Zorrilla.
O goberno de Malcampo só durou uns meses, pero, tras a súa caída, seguiu ocupando a carteira de Mariña no goberno encabezado por Sagasta. Neste mesmo ano foi nomeado capitán xeneral de Filipinas, onde reorganizou a loita contra os piratas. Fora tamén senador. Tiña os títulos de Marqués de San Rafael, conde de Joló e vizconde de Mindanao.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Malcampo y Monge |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web da Presidencia do goberno Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ficha no Senado.
| Amadeu I de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Manuel Ruiz Zorrilla |
José Malcampo y Monge | Precede a: Práxedes Mateo Sagasta |
Presidente do Consello de Ministros de España | ||