Francisco Santa Cruz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de maio de 1797 Orihuela |
| Morte | 31 de agosto de 1883 Madrid |
| Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
| 10 de abril de 1877 – 31 de agosto de 1883 | |
| 18 de febreiro de 1876 – 7 de marzo de 1876 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
| 1 de xuño de 1874 – 7 de xaneiro de 1875 ← Juan Bautista Alonso – Manuel García Barzanallana (en) | |
| 16 de abril de 1872 – decembro de 1873 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
| 14 de abril de 1871 – 28 de xuño de 1872 ← Manuel Pando Fernández de Pineda – Laureano Figuerola → | |
| 21 de marzo de 1871 – 15 de abril de 1872 Circunscrición electoral: Cuenca | |
| 16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
| 30 de novembro de 1863 – 31 de marzo de 1866 ← Ramón de Santillán – Victorio Fernández Lascoiti → | |
| 15 de xullo de 1858 – novembro de 1868 | |
| 5 de xullo de 1858 – 1 de febreiro de 1862 – Diego López Ballesteros → | |
| 7 de febreiro de 1856 – 14 de xullo de 1856 ← Juan Faustino Bruil y Olliarburu (en) | |
| 13 de novembro de 1854 – 13 de maio de 1858 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
| 30 de xullo de 1854 – 6 de xuño de 1855 ← Antonio de los Ríos Rosas – Julián Huelves → | |
| 4 de xuño de 1851 – 10 de decembro de 1853 Circunscrición electoral: Albarracín | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Liberal Fusionista |
| Premios | |
Francisco Santa Cruz Pacheco, nado en Orihuela, o 11 de maio de 1797 e finado en Madrid, o 31 de agosto de 1883[1][2], foi un político valenciano, deputado nas Cortes e ministro durante o reinado de Isabel II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ideoloxía liberal, aínda que pertencía a unha familia tradicionalmente conservadora[3], en 1820, formou parte da Milicia Nacional e tomou parte activa durante o Trienio Liberal, razón pola cal, trala chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís agochouse en Griegos (provincia de Teruel).
Tralas revoltas liberais de 1840, foi xefe político da Xunta de Goberno de Teruel até 1843. En 1851 e 1853 foi elixido deputado de Teruel polo distrito de Albarracín formando parte do Partido Progresista. Durante o terceiro goberno de Baldomero Espartero foi ministro de Gobernación (1854-1855) e ministro interino de Facenda por ausencia do titular (1856). Durante este último cargo, evitou o grave quebranto da facenda pública grazas a unha operación de crédito que lle permitiu amortizar a maior parte da Débeda pública, soster os valores públicos e baixar a taxa de desconto nun 2%. A crise política do verán de 1856 provocou a caída do goberno e a súa dimisión.
En 1858, volveu saír deputado por Albarracín, escano ao que renunciou ao ser nomeado, ese mesmo ano, senador vitalicio. Apoiou ao novo goberno de O'Donnell, motivo polo que foi nomeado pesidente do Tribunal de Contas e, en 1863, gobernador do Banco de España, cargo que mantivo até 1866.
Apoiou a revolución de 1868 , e foi elixido como deputado de Teruel nas eleccións xerais españolas de 1869 e 1871. Tamén foi senador e presidente do Senado en 1871 e 1872. No Congreso apoiou a unidade relixiosa e xurou fidelidade ao novo rei Amadeu I de España.
Ao se producir a restauración borbónica, apoiou ao novo rei e dirixiu o sector centrista do novo Partido Liberal. Nas eleccións xerais de 1876, foi elixido de novo deputado de Teruel, mais deixou a cadeira ao ser, de novo, nomeado senador vitalicio.[4]
Cargos
[editar | editar a fonte]| Deputado[2] | Eleccións | Circunscrición | Data de alta | Data de baixa |
|---|---|---|---|---|
| 27-02-1843 | Teruel | |||
| 10-05-1851 | Teruel | 04-06-1851 | 02-12-1852 | |
| 04-02-1853 | Teruel | 05/03/1853 | 10/12/1853 | |
| 04.10.1854 | Cuenca | 13-11-1854 | 05-12-1854[5] | |
| Teruel | 13-11-1854 | 02-09-1856 | ||
| 25-03-1857 | Teruel | 06-05-1857 | 13-05-1858 | |
| 15-01-1869 | Teruel | 16-02-1869 | 02-01-1871 | |
| 08-03-1871 | Teruel | |||
| 20-01-1876 | Teruel | 18-02-1876 | 07-03-1876 |
| Ministro[2] | Ministerio | Data de alta | Data de baixa |
|---|---|---|---|
| Ministro de Gobernación | 30-07-1854 | 29-11-1854 | |
| Ministro de Gobernación | 29-11-1854 | 06-06-1855 | |
| Ministro de Facenda | 07-02-1856 | 14-07-1856 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Feria Lorenzo, Diego José (2012). La sanidad en el liberalismo isabelino. Huelva: Publicaciones Universidad de Huelva. p. 162. ISBN 978-84-16621-40-8.
- 1 2 3 "Ficha no Congreso". Congreso.es. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ Romero Salvador, Carmelo; Frías Corredor, Carmen; Serrano García, Montserrat (2001). Varela Ortega, José, ed. Aragón. El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923) (Marcial Pons Historia). p. 54. ISBN 84-259-1152-4.
- ↑ "Ficha no Senado". Senado.es. Consultado o 01-08-2017.
- ↑ Nesa data foi substituído por Martín José Iriarte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Santa Cruz |