Manuel Vázquez de Parga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de xuño de 1828 Vilalba, España |
| Morte | 11 de novembro de 1908 Madrid, España |
| Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
| 1893 – 1904 | |
| 1877 – 1907 | |
| 1872 – 1872 | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | Nicolás Vázquez de Parga de la Riva |
Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares, III conde de Pallares, nado en Vilalba o 13 de xuño de 1828 e finado en Madrid o 11 de novembro de 1908, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Vázquez de Parga Baamonde. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872) e vitalicio dende 1877. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897).
Fundou e dirixiu Revista de Galicia (1850), dirixiu El Correo de Lugo (1860)[1] e cofundou e dirixiu El Eco de Galicia (1872) onde levou a cabo unha campaña sobre a "Cuestión Foral" e, con Antonio Medina, outra sobre a "Construción del Ferrocarril, línea general del Noroeste".
Obras
[editar | editar a fonte]- Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de agricultura en Galicia (con José Pardo Bazán), 1862.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Paz de la Riva Estévez e foi pai de Germán e Nicolás Vázquez de Parga de la Riva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Teijeira & Torre (1997), p. 34
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Teijeira, Mari Paz; Torre, María de la (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6.
- Veiga Alonso, Xosé Ramón (1996). Progreso, prensa e ferrocarrís en Galicia. A actividade do Conde de Pallares (1855-1883). Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-071-1.