Saturnino Álvarez Bugallal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de febreiro de 1834 Areas, España |
| Morte | 30 de maio de 1885 Lisboa, Portugal |
Representa: seis 26 de xuño de 1884 – 26 de xuño de 1884 ← Antonio de Benavides y Fernández de Navarrete – Luis María de la Torre y de la Hoz → | |
| 8 de maio de 1884 – 30 de maio de 1885 Circunscrición electoral: Ourense | |
| 9 de decembro de 1879 – 8 de febreiro de 1881 ← Pedro Nolasco Aurioles Aguado – Manuel Alonso Martínez → | |
| 6 de xaneiro de 1879 – 7 de marzo de 1879 ← Fernando Calderón Collantes (pt) | |
| 18 de febreiro de 1876 – 25 de xuño de 1881 | |
| 21 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873 Circunscrición electoral: Ponteareas | |
| 7 de maio de 1872 – 28 de xuño de 1872 Circunscrición electoral: Bande | |
| 14 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872 Circunscrición electoral: Ponteareas | |
| 17 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Q42899708 | |
| 3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866 Circunscrición electoral: Q42899708 | |
| 22 de marzo de 1864 – 23 de xuño de 1864 ← José Fernández de la Hoz Circunscrición electoral: Tui | |
| 15 de xaneiro de 1859 – 12 de agosto de 1863 Circunscrición electoral: Bande | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, xornalista, avogado |
| Partido político | Partido Liberal-Conservador |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Benigno Álvarez Bugallal |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Álvarez Bugallal (Saturnino), p.12-13) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Saturnino Álvarez Bugallal, nado en Areas (Ponteareas) o 11 de febreiro de 1834 e finado en Lisboa o 30 de maio de 1885, foi un avogado, xornalista e político galego, foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Álvarez Covelo e María Bugallal Muñoz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a carreira en Madrid. Como xornalista colaborou en El Diario Español e La Época. Foi deputado no Congreso polas circunscricións de Bande (1858), Tui (1863), Xinzo de Limia (1865), Vigo (1869), Ponteareas (1871), Bande (1872), Ponteareas (1872), Ourense (1876), Bande (1876), Ourense (1879), Ponteareas (1879), Celanova (1879), Bande (1881) e Ponteareas (1884). Foi tamén senador por Ourense en 1884.
En 1860 foi nomeado Fiscal de Imprenta e posteriormente foi nomeado Subdirector do Rexistro da Propiedade. Coa Restauración foi Fiscal do Tribunal Supremo de Xustiza. Ocupou a carteira ministerial de Graza e Xustiza en dúas ocasións: entre o 6 de xaneiro e o 7 de marzo de 1879 e entre o 9 de decembro de 1879 e o 8 de febreiro de 1881 en senllos gobernos presididos por Cánovas.
Como ministro, en pleno proceso codificador europeo do dereito civil, ditou o Real Decreto de 2 de febreiro de 1880 para incorporar representantes das rexións forais á Comisión Xeral de Codificación. Nel incluíu Galiza canda os demais territorios forais tradicionais, aínda cando o dereito galego non era de carácter foral en sentido estrito, senón consuetudinario. É posíbel que a súa amizade co rexionalista Manuel Murguía influíse dalgún xeito nesta consideración. Sexa como for, este feito acabou conducindo á promulgación da Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galiza en 1963, antecedente do actual Dereito civil galego.[1][2]
Posteriormente foi nomeado ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cidade onde faleceu en 1885. A súa viúva, Adelaida García Rodríguez, recibiu á súa morte o título de condesa de Bugallal.
| Predecesor: Fernando Calderón Collantes |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 |
Sucesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
| Predecesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 - 1881 |
Sucesor: Manuel Alonso Martínez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Montero, Ramón P. (2006). "Sobre el proceso de formalización legislativa de las peculiaridades jurídico-civiles de Galicia. Un repaso histórico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006" (PDF). Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (en castelán) (10): 1011–1056, en 1015. ISSN 1138-039X.
- ↑ Herrero Oviedo, Margarita (2011). "De un derecho consuetudinario y especial a un derecho civil de Galicia" (PDF). Ius fugit: Revista de Estudios Histórico-Jurídicos de la Corona de Aragón (en castelán) (Zaragoza: Institución «Fernando el Católico») (16, 2009-2010): 105–118, en 108–109. ISSN 1132-8975.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Candeira Mosquera, Francisco (1990). Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (distrito de Ponteareas, 1881-1894). Ponteareas: Galicia - Sur. ISBN 84-404-8088-1.