Ramón Martínez Saco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Martínez Saco
 Mos
Falecementooutubro de 1884
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ramón Martínez Saco, nado en Torroso (Mos) na década de 1810 e finado a principios de outubro de 1884[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Nicómedes Martínez e Josefa Saco. Progresista. Foi deputado provincial polo distrito de Redondela en 1843, 1863, 1865 e 1868 (entre 1864 e 1865 presidiu 6 sesións da Deputación de Pontevedra). Foi alcalde de Redondela en setembro de 1854 (rexeitou a proposta de ser deputado a Cortes para converterse en alcalde) e volveu ser alcalde en 1861 e 1869. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Redondela nas eleccións de 1871.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en La Unión, 6-10-1884, p. 2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]