Cándido Martínez Montenegro
Cándido Martínez Montenegro | |
---|---|
Retrato en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880. | |
Nacemento | 9 de marzo de 1831 |
Lugar de nacemento | Mondoñedo |
Falecemento | 21 de decembro de 1899 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cándido Martínez Montenegro, nado en Mondoñedo o 9 de marzo de 1831 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1899,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1851). Foi Xuíz de paz en Mondoñedo e deputado provincial. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1871 e volveu ser reelixido en 1872. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas sucesivas eleccións entre 1876 e 1899. Foi oficial de Fomento, Director Xeral de Correos e Telégrafos, conselleiro de Estado e ministro do Tribunal Contencioso-Administrativo.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O concello de Mondoñedo nomeouno Fillo Predilecto en 1890 e dedicoulle unha rúa (agora chamada rúa Eduardo Lence-Santar).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Correo de Lugo, 23-12-1899, p. 1.