En novembro de 1858 constitúese oficialmente o partido, nun acto do teatro Novedades de Madrid,[1] aínda que en decembro de 1854, Cánovas del Castillo pronunciou un discurso nas Cortes Constituíntes no que algúns historiadores ven anunciado o proxecto e incluso o nome da futura Unión Liberal.[2] Polas súas características, que só se poden deducir da acción política cotiá, non era un partido de ideais, senón pragmático, que tiña por principios básicos conservar a monarquía como forma de goberno, pero alonxándoa das tentacións absolutistas, reformarndo a administración pública nun sentido centralista e ofrecendo certo grao de multipartidismo ós Moderados e Progesistas. Ademais, pretendía a reforma da lei de prensa -que non chegou a realizar- e o manteñemento dunha política económica de fortes investimentos públicos.
Tralas eleccións a Cortes do 20 de setembro de 1858, a Unión Liberal ocupou a maioría dos escanos, o que lle permitiu manterse no poder ata a revolución de 1868 e a chegada do Sexenio Democrático.