José María Beránger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Beránger
José María Beranger, en La Ilustración de Madrid.jpg
Nacemento1824
 Cádiz
Falecemento23 de xaneiro de 1907
 Serrano Street e Madrid
SoterradoCemitério de San Isidro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e militar
Firma de José María de Beránger.svg
editar datos en Wikidata ]
José María Beránger en 1902.

José María Beránger y Ruiz de Apodaca, nado en Cádiz no 1824 e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1907. Foi un militar e ministro español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao mando da Victoria, uniuse á causa do xeneral Prim en 1868, apresando ao vapor de guerra Colón, no que viaxaba o almirante Pavía, Capitán Xeral do Departamento de Ferrol [1]

Entre o 20 de marzo de 1870 e o 4 de xaneiro de 1871 ocupou a carteira de Ministro de Mariña durante o período de rexencia do xeneral Francisco Serrano y Domínguez trala Revolución de 1868.

Xa baixo o reinado de Amadeo I ocupará esa mesma carteira ministerial en tres ocasiones. A primeira delas, sen solución de continuidade coa anterior, abarcará desde o 4 de xaneiro ata o 24 de xullo de 1871 no goberno presidido polo xeneral Francisco Serrano. Posteriormente ocupará a citada carteira entre o 24 de xullo e o 5 de outubro de 1871, así como entre o 13 de xuño de 1872 e o 11 de febreiro de 1873, en ambas ocasións en gobernos presididos por Manuel Ruiz Zorrilla.

Trala renuncia ao trono de Amadeo I e a proclamación da Primeira República Española formou parte do primeiro goberno da mesma presidido por Estanislao Figueras, encargándose novamente do ministerio de Mariña entre o 11 de febreiro e o 24 de febreiro de 1873.

O golpe de Estado protagonizado polo xeneral Manuel Pavía o 2 de xaneiro de 1874, seguido polo pronunciamento que o 29 de decembro dese mesmo ano realizará o xeneral Martínez Campos, provocarán a caída da Primeira República Española e a restauración monárquica. José María Beránger e Ruiz de Apodaca, que colaborara no golpe do xeneral Pavía, será elixido senador por Almería en 1876 e por A Coruña en 1881. En 1883 o rei Alfonso XII noméao senador vitalicio.

O 27 de novembro de 1885 volveu ocupar a carteira do ministerio de Mariña no goberno presidido por Sagasta, cesando na mesma o 10 de outubro de 1886 pola súa negativa a aceptar o indulto ao xeneral Villacampa. En 1890 e 1892 ocupou de novo a citada carteira ministerial, cun paréntese entre ambas etapas, con Cánovas. Nesta etapa ocupouse de destruír o proxecto do submarino de Isaac Peral y Caballero. Entre 1895 e 1897 volveu de novo á mesma carteira o mesmo presidente de goberno. Pasou á reserva en 1896.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]