Julián Pellón Rodríguez
Julián Pellón Rodríguez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de febreiro de 1816 |
Lugar de nacemento | Larouco |
Falecemento | 11 de abril de 1878 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, enxeñeiro, xornalista e explorador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julián Pellón Rodríguez, nado en Larouco o 17 de febreiro de 1816 e finado en París o 11 de abril de 1878, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Bacharelato en Santiago de Compostela e trasladouse a Madrid onde fixo a carreira de enxeñeiro. En 1844 regresou a Compostela como axudante de enxeñeiros e en 1848 ascendeu a Enxeñeiro Xefe. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado no Congreso polos distritos de Xinzo de Limia e Valdeorras antes e despois da revolución de 1868. Tamén foi ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Colaborou no diario liberal La Discusión e en publicacións especializadas como El Genio Industrial (1857) e El Minero Español (1857-58). Publicou Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.