Cranio
Aparencia
O cranio[1] é o conxunto de ósos que forman a cabeza e rodean o encéfalo.
Ósos
[editar | editar a fonte]Ósos que conforman o cranio:
- Frontal
- Temporal (2)
- Occipital
- Parietal (2)
- Etmoide
- Esfenoide
- Vómer
- Óso lacrimal
- Cornete nasal
- Maxilar superior
- Maxilar inferior
- Cigomático ou Malar
Estes ósos forman unha serie de espazos destinados a aloxar e protexer as partes brandas da testa: sistema nervioso central, fosas nasais e cavidade oral.
A maior parte estará ocupada polo sistema nervioso central. Este espazo está delimitado polo occipital, temporal, esfenoide, frontal, parietal, etmoide. O sistema nervioso central continúase coa medula espiñal a través do foramen magnum do occipital. Superiormente, o espazo queda limitado pola superficie endocranial do occipital, parietais e frontal. Na parte anterior, o chan estará formado polo frontal, etmoide e esfenoide.
Espazos do cranio humano
[editar | editar a fonte]- Espazo cranial anterior:
- Límites: o límite anterior é a liña que separa as caras inferior e posterior do óso frontal. O límite posterior son as canles ópticas e a parte máis anterior das ás menores do esfenoide.
- Contido: parte inferior da crista frontal (este relevo forma a canle para o seo lonxidudinal superior, a crista galli do etmoide, o burato cego do frontal, fendidura etmoidal, burato etmoidal anterior, tracto olfactorio, lóbulos frontais do cerebro, fouce do cerebro e a sutura frontoetmoidal (articulación inmóbil e soldada entre frontal e etmoide).
- Espazo cranial medio:
- Límites: o límite anterior son as ás maiores do esfenoide. O límite posterior é o corpo do esfenoide e o peñasco do temporal.
- Contido: glándula hipófise e cadeira turca, poza de Gasser, fendedura esfenoidal, buratos redondo maior, menor e oval; burato de Arnold, hiato de Fallopio e accesorio, burato carotídeo, espiña supraauditiva, córtex temporal.
- Espazo cranial posterior:
- Límites: peñasco do temporal por diante e óso occipital por detrás.
- Contido: córtex occipital, cerebelo, tenda do cerebelo, troncoencéfalo, conduto auditivo interno, canles dos seos venosos, foramen magnum, buratos condiloides, acueduto do vestíbulo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cranio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de ósos no esqueleto humano
- Óso sutural, ósos "extra" que poden aparecer no cranio
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cranio |