Óso temporal
O óso temporal e unha das pezas que forman o cranio, en concreto as súas partes laterais ou tempas[1]. Trátase dun óso par xa que o atopamos en ámbalas dúas metades da cabeza e posúe un estrutura complexa formada por rexións morfoloxicamente distintas chamadas en conxunto “porcións” e que, no caso deste óso, reciben os seguintes nomes: escamosa, mastoide e timpánica (que se aprecian sobre todo na cara exocranial) e petrosa (que observamos na cara endocranial ou cerebral).
O temporal artéllase nos bordos superiores co óso parietal, no bordo posterior co occipital, no bordo de diante co esfenoide e pómulo, por dentro e fóra respectivamente, e coa mandíbula no bordo inferior.
Estrutura externa
[editar | editar a fonte]Está formado por catro porcións:
- Porción escamosa : o seu nome é debido a que ten forma de escama. Trátase dunha rexión cóncava e relativamente lisa que ocupa gran parte do óso e que se presenta na cara temporal (externa) e na interna o suco da arteria temporal media.
- Porción petrosa (penedo): de forma triangular e rematada en vértice. Esta porción contén o oído interno e nela atopamos o conduto carótide e o conduto musculotubárico ademais do poro auditivo interno.
- Porción mastoide: nesta parte existen unhas células mastoides que se atopan separadas do encéfalo por unha delgada capa de tecido óseo. Nela aparece a incisura mastoide, a apófise mastoides e o orificio mastoide.
- Porción timpánica: nela atopamos o conduto auditivo externo e a espiña suprameática, ademais da fenda timpanomastoide que separa esta da porción mastoide.
Eminencias
[editar | editar a fonte]No temporal existen unha serie de saíntes entre os que podemos destacar:
- Apófise cigomática: artéllase coa apófise temporal do óso cigomático.
- Apófise mastoide: é un saínte redondeado que se sitúa detrás do conduto auditivo externo e forma un punto de inserción dos músculos.
- Apófise estiloide: ten forma afiada e é un punto de inserción de varios músculos e ligamentos da lingua e colo.
- Tubérculo articular: conecta coa apófise cigomática. Ten forma redondeada e está unido á fosa mandibular.
- Apófise intraxugular
- Eminencia arcuata
- Apófise vaxinal da estiloide
- Espiña suprameática
Fendas e incisuras
[editar | editar a fonte]No temporal aparecen algunhas salientables:
Depresións
[editar | editar a fonte]No temporal obsérvanse unha serie de orificios, condutos, fosas e depresións característicos:
- Conduto carótide: por onde pasa a arteria carótide interna.
- Fosa xugular: burato polo que pasa a vea xugular.
- Fosa mandibular: entre a parte escamosa e petrosa.
- Conduto auditivo externo: comunica co oído medio.
- Conduto auditivo interno: atravesado por varios nervios.
- Orificio mastoide: atravesado pola vea emisaria.
- Fosa subarcuata.
- Orificio externo do acueduto do vestíbulo.
- Conduto musculotubárico.
- Fosa petrosa.
- Orificio estilomastoide.
Sucos
[editar | editar a fonte]No temporal temos os seguintes sucos:
- Suco da arteria temporal media.
- Suco do seo sigmoide.
- Suco do seo petroso inferior.
- Suco dos nervios petrosos menores.
- Suco dos nervios petrosos maiores.
- Suco da arteria occipital.
Funcións
[editar | editar a fonte]Entre outras o óso temporal amosa dúas funcións:
- Forma unha estrutura ríxida que protexe o cerebro dos posibles golpes.
- Serve de estrutura ríxida para o asento das partes do oído.
Galería
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tempas no dicionário RAG". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2015.